Fairway presenta a súa cuarta edición cunha decidida aposta pola dixitalización e sustentabilidade no Camiño de Santiago
A cuarta edición de Fairway celebrarase no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia entre os días 8 e 10 de novembro seguindo as recomendacións sanitarias e adaptando o seu formato ao escenario poscoronavirus. Neste sentido, tal e como explicaron os directores da cita, na parte dedicada aos negocios reduciranse os contactos e apostarase por un formato máis dixital o que tamén permitirá incrementar a presencia de intermediarios de todo o mundo. Para iso, os asistentes contarán cun set especial no que poidan teletraballar cunha conexión rápida e segura. A parte dedicada a iniciativas de formación, pola súa banda, funcionará como un espazo para reflexionar sobre o presente e o futuro do Camiño de Santiago desde unha perspectiva global.

A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, participou hoxe no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia na presentación de Fairway, o fórum do Camiño de Santiago que integra feira e congreso e que este ano celebra, co apoio da Xunta de Galicia, a súa cuarta edición marcada pola proximidade do vindeiro Ano Santo.
Durante o acto de presentación, a cargo dos directores do evento, Manuel Oreiro, Ana Trevisani e Tono Mugico, a comisaria do Xacobeo 2021 destacou a aposta do Fairway pola dixitalización e sustentabilidade da Ruta Xacobea. Neste tempo de confinamento o mundo dixital mantivo o espírito e os recordos do Camiño de Santiago máis vivos que nunca e temos que seguir fomentando esta faceta, precisou Cecilia Pereira.
A Xunta de Galicia traballa para que o Xacobeo 2021 funcione como un motor de impulso económico e social que permita minimizar os efectos desta crise en todos os sectores da Comunidade, incluído o do Camiño de Santiago. Neste sentido, a comisaria do Xacobeo 2021 salientou a importancia de fomentar a colaboración entre os diferentes axentes, algo que tamén se reflicte na celebración deste evento, e de ofrecer as máximas medidas de seguridade para a reactivación da peregrinación.
Ademais da importancia deste fórum para o Camiño de Santiago, a celebración desta cita tamén é un revulsivo para o turismo de congresos, unha tipoloxía que se veu afectada pola crise sanitaria e que permite atraer un turismo urbano e de alto valor engadido durante todos os meses do ano, ademais de favorecer a desestacionalización.
Aposta polo dixital
A cuarta edición de Fairway celebrarase no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia entre os días 8 e 10 de novembro seguindo as recomendacións sanitarias e adaptando o seu formato ao escenario poscoronavirus. Neste sentido, tal e como explicaron os directores da cita, na parte dedicada aos negocios reduciranse os contactos e apostarase por un formato máis dixital o que tamén permitirá incrementar a presencia de intermediarios de todo o mundo. Para iso, os asistentes contarán cun set especial no que poidan teletraballar cunha conexión rápida e segura.
A parte dedicada a iniciativas de formación, pola súa banda, funcionará como un espazo para reflexionar sobre o presente e o futuro do Camiño de Santiago desde unha perspectiva global. Así, levaranse a cabo iniciativas centradas na sustentabilidade e no coronavirus mantendo formatos equilibrados entre o presencial e o dixital.
R., 0000-00-00
Actualidad

O conselleiro Román Rodríguez visitou co catedrático de Biotecnoloxía da Universidade de Pensilvania, o galego César de la Fuente, o Centro de Supercomputación de Galicia para firmar un convenio de colaboración entre a Xunta e esta institución académica estadounidense. Durante a visita, o investigador, pioneiro no emprego da IA para o desenvolvemento de antibióticos, puido coñecer as instalacións do centro co que colaborarán para acelerar o descubrimento de antibióticos fronte a bacterias resistentes.

A nova estratexia establece cinco grandes obxectivos para os próximos cinco anos. O primeiro deles é impulsar a creación de novas empresas e o crecemento das que xa existen no ámbito do aeroespazo, da seguridade e da defensa. Na actualidade a Comunidade galega suma 115 centros de traballo xa dedicados ao sector, pero nos vindeiros anos esta cifra podería incrementarse, xa que unhas 150 empresas contan con potencial para incorporarse a este ámbito industrial. O segundo dos obxectivos busca que as industrias que operan neste ámbito diversifiquen a súa produción.
Notas
Baixo o lema de 'Outra ciencia é posible', a Asociación Española de Ecoloxía Terrestre (AEET) e a Sociedade Ibérica de Ecoloxía (Sibecol) reunirán entre o 2 e o 5 de xuño máis de 800 investigadoras e investigadores no Pazo da Cultura de Pontevedra, co propósito de debater sobre como, desde o campo da ecoloxía, pode promoverse un futuro máis inclusivo e sostible para a investigación científica.
O Campus Terra da USC será campus de especialización por catro anos máis. Así se acordou no Consello da Xunta que este luns 12 se desenvolveu no Pazo de Montenegro. A decisión tómase logo da visita, a comezos de ano, dun Comité Avaliador que percorreu distintos centros da sede universitaria luguesa, ademais de participar en xuntanzas con grupos de investigación, empresas ou colectivos de mocidade investigadora, entre outros.