Noticias

En 2019 obtivéronse os mellores resultados da historia de doazón e transplante de órganos, así como un récord histórico no índice de negativas familiares á doazón

A Coordinación Autonómica de Transplantes da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) da Consellería de Sanidade salienta a recuperación do ritmo da actividade de doazón e transplante de órganos, a partir do pasado mes de maio despois da crise sanitaria causada pola pandemia da COVID-19. Así mesmo, desde a Coordinación Autonómica de ADOS e da Consellería de Sanidade, co gallo da conmemoración do Día Nacional do Doante, ponse en valor a xenerosidade da cidadanía galega, especialmente dos doantes e das súas familias, que permitiron que, no pasado ano 2019, obtiveranse o mellores resultados tanto de doazón como de transplante desde o inicio do programa de transplantes en Galicia desde o ano 1981.

No pasado exercicio, rexistráronse 136 doantes de órganos e un total de 354 transplantes. Neste sentido, resulta especialmente salientable o mínimo histórico do 13,4% no índice de negativas familiares á doazón, porcentaxe que, mesmo, se atopa por debaixo da media estatal.

Positiva evolución

ADOS salienta que, ata o pasado 13 de marzo, a evolución da actitividade de transplante en Galicia experimentou un forte crecemento do 22% con respecto ao ano anterior, evolución que, tras a declaración do estado de alarma por mor da pandemia do COVID-19, viuse ralentizada. Non obstante, salientar que, a pesares das circunstancias, desde mediados de marzo, leváronse a cabo en Galicia 38 transplantes de órganos, garantindo que os doentes máis sensibles puideran someterse as intervencións precisas para salvar as súas vidas. Asi mesmo, no que vai de ano 44 persoas converteronse en doantes de órganos.

Neste sentido, salientar que Galicia está a participar no Plan Post-COVID impulsado pola Organización Nacional de Transplantes, que ten por obxectivo reactivar o programa de doazón e transplantes que tan bos resultados está obtendo desde o seu inicio e paliar, deste xeito, a repercusión que esta pandemia tivo sobre a evolución do programa transplantatorio.

O obxectivo do Plan Post-COVID pasa por incrementar, no transcurso dos vindeiros meses, tanto o número de doantes como de transplantes, garantindo a seguridade dos receptores, xa que os doentes transplantados reciben terapia inmunosupresora para evitar o rexeitamento do órgano transplantado, circunstancia que os convirte en especialmente vulnerables ás infeccións en xeral.

Doazón de medula ósea

Nesta xornada, a Coordinación Autronómica de ADOS non quere esquecer a solidariedade dos preto de 11.800 galegos e galegas inscritos como potenciais doantes de medula ósea no REDMO (Rexistro Español de Doantes de Medula Ósea) e que permitiron que no pasado ano se realizanse en Galica 59 transplantes de medula ósea.

Neste sentido que, tanto a ONT como a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue están a promover un programa de información e sensibilización social a prol deste xesto solidario que fomente a progresiva incorporacion de novos doantes.

Concurso de debuxo

Aínda que polas circunstancias, no presente ano non se puido levar a cabo a tradicional entrega de premios do concurso de debuxo sobre doazón e transplante de órganos para escolares, ADOS quere amosar o seu recoñecemento a todos os estudantes e docentes que participaron grazas ao patrocinio de Supermercados GADIS.

No presente ano resultaron gañadores da II edición do Concurso de Carteis para escolares relacionado coa doazón e os transplantes e na que concorreron alumnos do primero ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria de centros educativos de toda Galicia, Alba García Sevilla que co seu traballo “Sé solidari@. Doar é doado”, que obtivo o primeiro premio, e Paula Taboada Bravo, que acadou o segundo premio co traballo “Regala e comparte vida”. Ambas alumnas contaron coa orientación da súa profesora Noemí Díaz Vázquez e proceden do mesmo centro educativo, o IES Eusebio da Guarda da Coruña polo que tanto a docentes como o instituto recibirán sendos agasallos.

ADOS quere amosar o seu agradecemento a todos os estudantes que participaron na presente edición e facer especial mención do compromiso de Supermercado GADIS nesta e en precedentes edicións xa que a sua colaboración fai posible espallar unha conciencia social favorable á doazón e o transplante entre os máis novos e novas.

R., 2020-06-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES