Noticias

Galicia rexistra un total de 707 casos activos por coronavirus e 9.991 pacientes curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 707, deles 158 son da área da Coruña, 39 da de Lugo, 68 da de Ourense, 28 da de Pontevedra, 259 da área de Vigo, 135 da de Santiago, e 20 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 3 permanecen en UCI, 27 están en unidades de hospitalización e 677 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.991 persoas curadas, rexistrándose 616 falecementos. O número de PCR realizadas é de 144.226. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia.

Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente. O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,1% do total das persoas residentes. Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais. Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

R., 2020-06-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (galicia-escena-pro-2026.jpg) A Xunta de Galicia convoca as compañías profesionais galegas do sector escénico a presentar os seus espectáculos para formar parte do programa da vindeira feira Galicia Escena PRO, que se desenvolverá en distintos escenarios de Santiago de Compostela entre os vindeiros 25 e 28 de maio. O obxectivo principal desta cita, aá que cada ano acoden arredor dun cento de axentes do sector, é dinamizar a contratación das producións das compañías galegas tanto dentro como fóra da nosa Comunidade, así como de impulsar a súa proxección social. Tamén funciona como espazo para o debate, a reflexión e o encontro profesional arredor das diferentes disciplinas e procesos que conforman este ámbito.
Foto de la tercera plana (convergencias-2026.jpg) Destaca na a programación como unha das citas máis destacadas o tradicional tributo deste festival a José Afonso e Rosalía de Castro. Nesta edición, actuarán o grupo Canto D’Aquí xunto coa Orquestra Filarmónica de Braga, que terá lugar o domingo 22 nesta mesma cidade lusa. No programa tamen están o concerto da cantora galega Uxía, de xira de celebración dos 40 anos de actividade, o recital de poesía Gallaecia, que contará coas autoras Cátia Cardoso e Elba Pedrosa, ou a posta en escena da representación teatral de 'Agora as vellas e os vellos xa se poden namorar', do grupo Pena do Equilibrio.

Notas

A Coruña acollerá no mes de outubro o congreso 'Arquitecturas do mar: Océano Atlántico', que suporá o peche e entrega de conclusións do proxecto europeo SEALabHaus, liderado pola UDC, cuxo investigador principal é Óscar Fuertes, da ETSAC. Ata o 15 de marzo está aberta a convocatoria para o envío de resumos para esta cita na que se propón un cambio de perspectiva ao considerar o Atlántico non como un límite, senón como un territorio construído e historicamente interconectado.
A peza Irmás, de Pascal Rambert, estreada no pasado mes decembro pola compañía da Aula de Teatro da USC, acaba de ser seleccionada para participar na cuadraxésimo terceira edición dos Rencontres Internationales de Théâtre Universitaire (RITU) que se desenvolverán entre o 24 e o 28 de febreiro en Liexa (Bélxica).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES