Noticias

Galicia recibe outros dous lotes con 2 millóns de máscaras

Chega a Galicia o segundo envío de máscaras cun total de dous millóns de unidades adquiridas pola Xunta. O material, que chega a Galicia grazas á loxística facilitada por Inditex, foi entregado na plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde, situado en Negreira, e desde alí será distribuído a toda a comunidade. Este é un dos envíos dunha parte dos lotes adquiridos pola Xunta de Galicia a distintos provedores e que se suman ás 700.000 máscaras recepcionadas o pasado domingo; 500.000 desas unidades foron adquiridas pola Xunta e o resto foron procedentes de doazóns, 100.000 de Inditex e outras 100.000 de Grupo Caamaño. Sanidade xa está a distribuír o material de protección recepcionado con carácter prioritario a hospitais, centros de saúde e residencias sociosanitarias, tal e como especifican os protocolos elaborados coas recomendacións do persoal de medicina preventiva.

Así, un total de 122.350 máscaras foron distribuídas por residencias sociosanitarias de toda Galicia. Da contía total, 4.000 máscaras eran de tipo N95, outras 114.000 unidades distribuídas son máscaras cirúrxicas con gomas, e tamén se entregaron 4.350 máscaras de tipo FFP2.

En concreto, enviáronse 20.000 unidades directamente á Consellería de Política Social, outras 18.190 foron enviadas ás residencias sociosanitarias da área de Vigo, 16.500 unidades ás da área da Coruña, 13.300 máscaras ás residencias da área de Santiago, 4.740 ás de Lugo, 33.020 ás de Ourense, 8.580 ás de Pontevedra e 8.020 ás de Ferrol.

Os protocolos de actuación para a protección dos profesionais na presente crise sanitaria provocada polo Coronavirus COVID-19 establece a necesidade de que usen equipos de protección individual (EPI) para determinadas intervencións. Os elementos de protección recomendados son gafas de protección, batas de alta protección, máscaras respiratorias cirúrxicas e FFP2 e luvas de exame, xunto con solución hidroalcólica desinfectante.

Compras de equipamento sanitario

O Servizo Galego de Saúde tamén está distribuíndo e instalando en todas as áreas sanitarias os equipos adquiridos nos dous expedientes de compra tramitados polo procedemento urxente. Este equipamento está destinado a reforzar a atención sanitaria en todos os hospitais da rede.

En concreto, nunha primeira fase adquiríronse 7 unidades de ventiladores para o transporte dos pacientes desde os hospitais comarcais ás unidades de referencia e tamén 6 novos equipos portátiles de raios x; todos estes equipos están xa instalados. Ademais, neste primeiro expediente de compra adquiríronse 34 unidades de ventilación non invasiva (3 destes equipos xa están instalados) e 27 ventiladores volumétricos para as unidades de críticos (xa están instalados 24 equipos).

Por outra banda, o Goberno galego autorizou tamén un segundo expediente urxente para atender o incremento da incidencia do COVID-19 por valor de 1,2 millóns de euros para a adquisición de 47 ventiladores volumétricos, un equipo portátil de raios X e 916 biombos ou pantallas de protección para traballadores de atención ao público que xa están instalados. Actualmente, xa están instalados 25 ventiladores. Tamén se está pendente da chegada dun novo equipo de raios X neste mes de abril.

Ademais, o Consello da Xunta autorizou a semana pasada a compra de diverso material cun orzamento de 6.697.638 euros destinado a adquirir 7.230.000 máscaras cirúrxicas, 200.000 máscaras respiratorias, 625.034 batas de alta protección/impermeables e 21.920 botellas de solucións desinfectantes entre outros artigos.

R., 2020-04-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Así o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos países e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.

Notas

A iTERRA Night 2026 achegará o 25 de setembro a investigación que se realiza dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible do Campus Terra da USC á cidadanía a través dunha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para diferentes idades. A iniciativa desenvólvese no soto da Praza de Abastos lucense como evento asociado á European Researchers’ Night, unha iniciativa das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA).
Os laboratorios do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), pertencente á Rede Cigus, volveron converterse nun espazo aberto á cidadanía coa celebración dunha nova edición da súa xornada de portas abertas, unha iniciativa integrada no programa de divulgación científica Ciencia con C de CINBIO. Máis de 80 persoas de diferentes idades participaron nesta actividade, deseñada para achegar a investigación que se desenvolve no centro ao público dun xeito participativo e próximo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES