Noticias

Celébrase o Día da Internet Segura con preto dun centenar de actividades na Rede Cemit durante o mes de febreiro

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Rede CeMIT súmanse un ano máis á celebración do o Día de Internet Segura, con preto dun centenar de actividades durante o mes de febreiro cunha duración de máis de 500 horas. Este ano a data celébrase baixo o lema “Unha Internet mellor comeza contigo: xuntos aprenderemos ciberseguridade”. A conmemoración desta xornada, que conta co apoio da Comisión Europea, ten a súa orixe no ano 2004 e, desde ese momento, mobiliza a millóns de persoas en todo o mundo para promover e debater sobre o correcto uso de Internet. Charlas, cursos e ciclos de seminarios online son algunhas das actividades ofertadas durante todo o mes.

Algunha das actividades ofertadas durante este mes de febreiro en colaboración cos aliados dixitais son as seguintes:

• Charlas gratuítas de concienciación en ciberseguridade do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) en colaboración con Cibercooperantes sobre temas como a privacidade, o ciberacoso ou o uso seguro e responsable das TIC nas aulas de Fisterra e Betanzos, e á que se continúan a sumar novas aulas.

• Ciclo de seminarios online do aliado dixital Federación Galega de Asociacions Universitarias Séniors (FEGAUS) sobre:
- Letra pequena en Internet. Que esconden as condicións de uso, cookies, etc.
- Como usar o DNI electrónico e o DNI 3.0 (lector e smartphone)
- Trámites online con certificado dixital
- Copias de seguridade e consellos de uso do certificado dixital
- Como utilizar o certificado dixital e o DNI 3.0 no teu móbil
- Firma de documentos electrónicos co teu certificado dixital

• Curso sobre privacidade na Internet e dispositivos móbiles da aula CeMIT de Cuntis en retransmisión ás aulas de Pontevedra e Arzúa, onde se traballará sobre a protección de datos nas redes sociais e dispositivos móbiles.

• Charla sobre ciberseguridade en colaboración co aliado dixital Gradiant, onde exporanse casos reais de problemas por falta de seguridade en Internet, e ensinaranse as medidas para protexerse.

As persoas interesadas en asistir a algunha das formacións propostas poden consultar os cursos e actividades das aulas CeMIT na seguinte ligazón: https://cemit.xunta.gal/buscador e poñerse en contacto coa aula que máis lle interese. Así mesmo, tamén pode contactar coa Oficina CeMIT enviado un correo a [email protected].

A Rede de aulas CeMIT leva traballando sobre o uso seguro de Internet desde a súa posta en marcha no ano 2011 e, concretamente, durante o ano pasado realizáronse máis de 500 actividades e máis de 6.000 horas de formación que trataron directamente a temática da seguridade e privacidade en Internet e outras nas que este aspecto é clave como coma as compras por Internet, uso de dispositivos móbiles, xestión de redes sociais, contratación de viaxes, trámites online e sinatura dixital, certificados dixitais, etc.

A Rede CeMIT

A Rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega e conta coa colaboración de 92 concello. Está presente nas 53 comarcas e integrada por 98 aulas, co obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital.

A rede é un dos instrumentos principais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia para ofrecer á cidadanía recursos de capacitación dixital en función do seu nivel de coñecemento.

R., 2020-02-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES