Noticias

A Tarxeta Xente Nova estende a gratuidade do transporte público aos mozos e mozas menores de 21 anos

A Tarxeta Xente Nova botou a andar no ano 2016 e limitaba ata os 18 anos incluídos a idade dos beneficiarios. Este límite ascende agora ata os 21 anos. Poderán beneficiarse máis de 372.000 mozos e mozas ao longo de 2020, fronte aos máis de 55.500 que na actualidade están a utilizar esta tarxeta. Os usuarios poderán realizar de balde un total de 60 viaxes mensuais no transporte público regular por estrada. Esta tarifa, que comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro nas áreas metropolitanas, irá progresivamente superando o actual ámbito territorial das áreas de transporte metropolitano podendo aplicarse en todas as viaxes interurbanas que se efectúen en calquera concello de Galicia.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, deu conta hoxe na rolda de prensa do Consello da extensión da gratuidade do transporte público interurbano a todos os menores de 21 anos. Amplíase así, dixo, o rango de idade dos usuarios da Tarxeta Xente Nova, que botou a andar no ano 2016 e limitaba ata os 18 anos incluídos a idade dos beneficiarios.

Para este fin destinarase no ano 2020 unha partida de 2,6 M€, o que supón un incremento do 52% na bonificación. Poderán beneficiarse máis de 372.000 mozos e mozas ao longo de 2020, fronte aos máis de 55.500 que na actualidade están a utilizar esta tarxeta.

En relación ao funcionamento do dispositivo, Feijóo explicou que os usuarios poderán realizar de balde un total de 60 viaxes mensuais no transporte público regular por estrada. Así mesmo, o titular do Goberno galego fixo fincapé en que esta tarifa, que comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro nas áreas metropolitanas, irá progresivamente superando o actual ámbito territorial das áreas de transporte metropolitano podendo aplicarse en todas as viaxes interurbanas que se efectúen en calquera concello de Galicia.

Xa para concluír, o presidente da Xunta destacou a compoñente social, a vertente educativa e de sensibilización e concienciación desta iniciativa. Contribuirá, dixo, a aliviar os gastos das familias, a facilitar o acceso aos centros de formación e para fomentar o uso dun transporte compartido máis sustentable e respectuoso co medio.

R., 2019-12-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES