Noticias

Constituído o comité de expertos das tres universidades galegas para a elaboración da Estratexia Dixital 2030

Trátase dun comité de expertos integrado por 22 académicos do ámbito tecnolóxico, industrial, económico, xurídico, sociolóxico, educativo e sanitario das tres universidades galegas. As cuestións clave sobre as que este grupo de expertos fará as súas achegas e reflexións xiran en torno aos novos modelos económicos e laborais; as competencias dixitais da sociedade; os novos perfís profesionais; a adaptación dos servizos públicos as demandas sociais; a posición de Galicia nas tecnoloxías do futuro; así como o marco ético e xurídico necesario nun contexto de rápido e continuo avance dixital.

A Xunta avanza un paso máis no proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 (EDG2030) coa constitución dun comité académico de expertos en diferentes disciplinas que contribuirán a configurar as directrices da folla de ruta dixital para a vindeira década.

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, presidiron hoxe a creación deste comité de expertos, integrado por 22 académicos do ámbito tecnolóxico, industrial, económico, xurídico, sociolóxico, educativo e sanitario das tres universidades galegas.

As cuestións clave sobre as que este grupo de expertos fará as súas achegas e reflexións xiran en torno aos novos modelos económicos e laborais; as competencias dixitais da sociedade; os novos perfís profesionais; a adaptación dos servizos públicos as demandas sociais; a posición de Galicia nas tecnoloxías do futuro; así como o marco ético e xurídico necesario nun contexto de rápido e continuo avance dixital.

Proceso de elaboración

A creación do comité de expertos supón un novo fito no proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030, que arrancaba o pasado mes de xullo coa celebración dos foros de debate profesional, nos que participaron arredor de 200 axentes sociais e económicos da Comunidade, implicados en procesos de transformación dixital en distintos ámbitos de actuación.

Representantes das principais empresas da Comunidade, do Hipersector TIC, das institucións públicas e da sociedade civil abordaron nestes encontros posibles liñas de actuación da futura Estratexia en torno a catro áreas temáticas: Territorio Verde e Conectado, Vida Dixital Economía Aberta, e Especialización Tecnolóxica.

O comité de expertos académicos complementará a visión dos centros tecnolóxicos e empresas, e axentes económicos e sociais que están a participar no proceso de elaboración da EDG 2030

EDG2030

A Estratexia Dixital de Galicia 2030 quere contribuír a un desenvolvemento sostible da Comunidade tanto a nivel económico, como social e medioambiental. Esta nova folla de ruta para a vindeira década enmárcase na políticas europeas para incrementar o despregamento de tecnoloxías dixitais clave a gran escala e promover a súa adopción para que os beneficios da transformación dixital cheguen a todo o mundo.

Metodoloxía

Para a elaboración da EDG2030 establécese a metodoloxía de elaboración derivada do Centro Común de Investigacións da UE, contando con paneis de profesionais non soamente tecnolóxicos, senón tamén do ámbito do dereito, a economía e as humanidades.

Estas achegas multidisciplinares serán de especial relevancia á hora de facer fronte ás cuestións éticas, xurídicas, e económicas derivadas dos novos modelos sociais e económicos vinculados á Intelixencia artificial, ao tratamento dos datos, ás adiccións, aos ciberdelitos ou o futuro do emprego...entre outras

Oportunidade para o coñecemento

Durante a súa intervención a conselleira destacou a oportunidade que supoñen as tecnoloxías dixitais para xerar coñecemento que, ao mesmo tempo, dea resposta aos novos desafíos. “Nese contexto, a Estratexia Dixital de Galicia 2030 quere contribuír ao aumento da calidade de vida e a un desenvolvemento sostible da nosa comunidade, tanto a nivel económico, como social e medioambiental”.

Pomar agradeceu o papel dos expertos participantes cuxo traballo vai ser “un dos piares nos que se asente o éxito da Estratexia Dixital de Galicia 2030. A colaboración e a especialización intelixente, sumada ás vosas respectivas experiencias e traxectorias fan que agardemos grandes cousas de vós”.

Pola súa banda, a directora da Amtega sinalou que neste proceso de elaboración da nova Estratexia é de vital importancia “combinar o coñecemento experto nos distintos ámbitos co dixital e a creatividade para dar resposta aos retos da transformación dixital”.

Neste sentido destacou que o “papel dos expertos, aos que agradeceu a súa colaboración, será fundamental na identificación das principais pancas a incorporar na Estratexia, e na vixilancia das últimas tendencias para contribuír a identificar nunha fase temperá os cambios que se aproximan en todas as esferas da sociedade”.

R., 2019-12-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES