Noticias

Máis do 80% dos concellos galegos están xa adheridos ao convenio para a xestión da biomasa preto das vivendas

Máis do 80% dos concellos galegos están xa adheridos ao convenio de protección das aldeas subscrito entre a Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a empresa pública Seaga para a posta en marcha dun sistema público de xestión da biomasa preto das vivendas. En total son 252 os entes locais incorporados ao acordo e outros tres están ultimando os trámites para adherirse (Laxe, Foz e Muxía). Así, dos municipios galegos adheridos, 84 pertencen á provincia de Ourense, 70 á da Coruña, 50 á de Lugo e os 48 restantes á de Pontevedra. Deles, son en total 124 os que xa dispoñen de plans municipais de prevención e defensa contra o lume.

En total son 252 os entes locais incorporados ao acordo e outros tres están ultimando os trámites para adherirse (trátase dos de Laxe, Foz e Muxía). Así o adiantou o conselleiro do Medio Rural, José González, durante a sinatura da segunda addenda ao convenio de colaboración subscrito esta mañá co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, e co director-xerente de Seaga, Pablo Arbones.

Así, dos municipios galegos adheridos, 84 pertencen á provincia de Ourense, 70 á da Coruña, 50 á de Lugo e os 48 restantes á de Pontevedra. Ademais, a Xunta entregou os plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais a 124 destes concellos incorporados.

Esta addenda asinada hoxe dá continuidade e mellora o acordo rubricado en agosto de 2018 e renovado a través dunha addenda en abril de 2019, un acordo orzamentado en preto de 36,7 millóns de euros, dos cales a Xunta aporta arredor de 28 millóns. Así, este documento contempla como novidade o desenvolvemento dunha ferramenta móbil (APP) que facilitará a consulta da base de datos para o apoio ás tarefas a realizar sobre o terreo, no relativo ao control das actuacións en campo que contempla o convenio. Este instrumento vén complementar o sistema informático Xesbío e ten por finalidade axilizar os procesos de rexistro da información asociada aos labores in itinere.

Outra mellora introducida mediante esta addenda é a posibilidade de que os concellos adheridos poidan, con cargo ao convenio, realizar execucións subsidiarias para a xestión da biomasa en ata 5 hectáreas. Isto beneficiará aos municipios sumados ao sistema e que non contan con parroquias priorizadas.

Así mesmo, introdúcese tamén a figura das iniciativas estratéxicas que serán aqueles proxectos de mobilización de terras en faixas secundarias que, aínda que non cumpren os requisitos esixidos para converterse nunha aldea modelo por razóns que teñen que ver con elementos xeográficos, físicos ou técnicos, considérase de especial transcendencia a súa mobilización, co obxectivo prioritario de reducir o risco de incendios forestais. Por último, esta segunda addenda incorpora unha cláusula en materia de protección de datos co obxecto de garantir a confidencialidade no tratamento da información catastral.

R., 2019-11-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES