
O Consello da Xunta acordou hoxe dar o visto bó á acta de comisión de valoración e conceder as Medallas Emilia Pardo Bazán á Asociación de Diagnosticados de Cancro de mama (ADICAM), a Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) e á presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, Ángeles Carmona, como recoñecemento polas accións que levan a cabo en prol da igualdade entre mulleres e homes e polo seu traballo para construír unha sociedade máis igualitaria baseada nos principios de igualdade, xustiza e solidariedade.
A Xunta aprobou este mesmo ano Decreto polo que se crean e regulan as Medallas Emilia Pardo Bazán para o recoñecemento de accións relevantes en prol da igualdade entre mulleres e homes, poidendo ser destinatarias tanto persoas como colectivos, entidades ou institucións, públicas e privadas que, coa súa traxectoria ou labor, contribuísen e destacasen no desenvolvemento na nosa comunidade de accións relevantes neste ámbito. Entregaranse os 16 de setembro, en conmemoración do nacemento da escritora galega.
As Medallas Emilia Pardo Bazán outorgan un recoñecemento público ás accións desenvolvidas na nosa comunidade e que teñan contribuído e destacado na defensa da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes. As medallas levan o nome de Emilia Pardo Bazán por tratarse dunha precursora nas ideas acerca dos dereitos das mulleres e o feminismo; reivindicar a educación e instrución das mulleres como algo fundamental e incorporar en todas as súas obras ideas sobre a modernización da sociedade e o acceso das mulleres aos mesmos dereitos e oportunidades que tiñan os homes na súa época.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.