Noticias

O Parlamento aproba a Lei de Patrimonio Natural para avanzar na protección e conservación da Galicia verde e azul

O Parlamento galego aprobou a nova Lei de Patrimonio Natural, un texto chamado a protexer e garantir a conservación de todos os valores e elementos naturais que conforman a Galicia verde e azul coa que se identifica á comunidade. O novo marco lexislativo virá reforzar e completar as políticas desenvolvidas nos últimos anos pola Xunta en materia de conservación do medio ambiente e da biodiversidade galegas e sumarase a medidas como a aprobación do Plan de Promoción e Posta en Valor do Patrimonio Natural de Galicia, a posta en marcha da primeira Rede Galega de Parques Naturais ou a creación da Rede Galega de Reservas da Biosfera.

Durante a fase de información pública, o Goberno galego estimou, de forma total ou parcial, preto do 65% das achegas recibidas, enriquecendo así o texto orixinal. Tras completar hoxe a súa tramitación parlamentaria, a lei deberá ser publicada nas próximas semanas no Diario Oficial de Galicia antes da súa entrada en vigor, que tendo en conta os prazos habituais, se producirá previsiblemente no mes de setembro.

O novo marco lexislativo virá substituír e actualizar á Lei de Conservación da Natureza, cunha vixencia de 18 anos que facía necesaria a súa adaptación á lexislación básica estatal para modernizar o marco normativo galego nesta materia e substituílo por outro capaz de responder aos problemas e necesidades detectados nas dúas últimas décadas.

Entre os obxectivos principais da nova lei figuran consolidar a prevalencia da protección medioambiental sobre a ordenación territorial e urbanística; garantir a conservación, o uso sostible, a mellora e a restauración do patrimonio natural e da biodiversidade galegas; e fomentar a información pública e os mecanismos de participación da sociedade no deseño e execución das políticas desta área.

Para acadar estes fins e partindo da necesidade de compatibilizar a protección transversal da natureza co seu uso e desfrute por parte da cidadanía, o texto incorpora diferentes ferramentas e novidades desde o punto de vista regulamentario, así como novas figuras de protección. É o caso das microrreservas, unha figura que se crea para aqueles espazos naturais cunha superficie de menos de 20 hectáreas con especies ameazadas ou hábitats raros; ou o espazo protexido da Rede Natura 2000, que inclúe as zonas LIC, ZEC e ZEPA e lles dará un maior grao de protección ao incorporalos, por lei, na Rede Galega de Espazos Protexidos.

Tamén se amplía e modifica o ámbito dos Espazos Naturais de Interese Local (ENIL), que de acordo coa lei poderán abranguer máis dun concello; e establécese que a declaración dun novo espazo protexido levará aparellada a aprobación do correspondente instrumento de planificación, que terá unha vixencia indefinida, agás no caso dos Plans Reitores de Uso e Xestión, que como mínimo estarán en vigor durante unha década.

Polo que respecta á protección da biodiversidade, cómpre lembrar que en Galicia hai identificadas a día de hoxe 126 especies vulnerables e 76 en perigo de extinción. Para garantir a súa conservación, créase por lei o Listado de especies silvestres de protección especial, regularase por primeira vez a conservación e cría de especies fóra do seu hábitat, farase un Catálogo de hábitats en perigo de desaparición, e fixarase un conxunto de prohibicións relativas a aquelas prácticas lesivas, agresivas ou que poidan molestar ás especies silvestres animais.

O texto tamén introduce cambios substanciais en materia sancionadora, desde unha nova tipificación das infraccións, simplificada e na que desaparecen as de carácter menos grave, ata un endurecemento da contía das multas, que nos casos máis extremos multiplicaranse por sete respecto á lei actual.

Na mesma liña, o novo marco normativo fai especial fincapé na reparación do dano causado e na restauración dos elementos naturais que se poidan ver alterados ao seu estado anterior. Así, contempla unha redución do 20% das sancións en caso de que o infractor admita a súa responsabilidade.

R., 2019-08-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES