Noticias

As universidades galegas acordan incorporar catro novos títulos de grao ao Mapa de Titulacións do Sistema Universitario Galego

Froito deste acordo, a Universidade da Coruña incorporará o grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía para o curso 2020-21; a Universidade de Vigo incorporará o grao dual en Tecnoloxía da Automoción para o curso 2021-22 (o segundo grao dual do sistema); e a USC o grao en Innovación Gastronómica e Xestión Hoteleira para o curso 2021-22 (tras a conversión do CSHG en centro adscrito á Universidade de Santiago). A maiores, no curso 2021/22 entrará en funcionamento un cuarto, o grao en Relacións Internacionais, que será un grao interuniversitario (o segundo interuniversitario do SUG) entre a UDC (no campus de Ferrol) e a UVigo (no campus de Ourense).

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e as universidades galegas acordan incorporar catro novos títulos de grao ao Mapa de Titulacións do Sistema Universitario de Galicia (SUG) co fin de completar a oferta académica nos campus galegos para os vindeiros anos.

Esta decisión foi consensuada hoxe entre o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díaz de Castro, a vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente da UDC, Nancy Vázquez; a vicerreitora de Titulacións da USC, María Victoria Otero; e o vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado da UVigo, Manuel Ramos; no decurso dunha xuntanza de traballo mantida en Santiago co fin de actualizar o actual Mapa que fora aprobado por consenso no ano 2017 e que estará vixente para o período 2017-21.

Froito deste acordo, a Universidade da Coruña incorporará o grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía para o curso 2020-21; a Universidade de Vigo incorporará o grao dual en Tecnoloxía da Automoción para o curso 2021-22 (o segundo grao dual do sistema); e a USC o grao en Innovación Gastronómica e Xestión Hoteleira para o curso 2021-22 (tras a conversión do CSHG en centro adscrito á Universidade de Santiago).

A maiores, no curso 2021/22 entrará en funcionamento un cuarto, o grao en Relacións Internacionais, que será un grao interuniversitario (o segundo interuniversitario do SUG) entre a UDC (no campus de Ferrol) e a UVigo (no campus de Ourense).

Por outra parte, no curso 2020/2021, comezarán as simultaneidades do grao en Enxeñaría Mecánica e o grao en Enxeñaría Eléctrica no campus de Ferrol (UDC) e o grao en Enxeñería Mecánica e grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática no campus de Vigo (UVigo).

Cómpre lembrar que son as universidades as que teñen que levar a iniciativa e propoñer novas titulacións que, en todo caso, deben ser consensuadas polo conxunto do Sistema Universitario e, a posteriori, acadar a avaliación positiva e a autorización de implantación por parte da Xunta.

Por iso, a incorporación destas novas titulacións cínguese ás propostas que achegaron as tres universidades e que a Secretaría Xeral de Universidades se encargou de avaliar.

A mellora introducida agora consolida o mapa de graos para completar títulos que non existen na actualidade en Galicia e, deste xeito, evitar que o alumnado teña que ir fóra a cursar determinados estudos. Así, para o período 2017-21 engádense á oferta académica un total de 18 títulos universitarios de grao de nova implantación –incluídos os catro consensuados na reunión de hoxe- nos campus galegos.

A actualización que agora se aborda -logo de dous anos de funcionamento do Mapa- responde ao obxectivo prioritario da Consellería de acadar unha progresiva racionalización de títulos universitarios, como se vén facendo desde o ano 2017 cando se asinou un pacto unánime coas tres universidades que definiu os principios reitores da planificación da oferta académica universitaria ata o ano 2021.

Atendendo a esa folla de ruta, no curso 2018/19 incorporáronse cinco novos títulos de grao á oferta do SUG e neste curso 19/20 farano outros cinco.

Con estas modificacións acordadas hoxe, o mapa de graos do SUG queda actualizado ata 2021, unha vez que remate o estudo Galicia 2030 e defina as necesidades formativas universitarias para a vindeira década.

R., 2019-07-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES