
O crecemento foi superior ao 20% nas provincias de Lugo e Pontevedra e do 15% nas de A Coruña e Ourense.
En termos de mercado, os datos do INE revelan que a demanda aumentou tanto entre os viaxeiros procedentes dalgún punto de Galicia, como do resto de España e do mercado internacional. Neste caso concreto, o peso do turismo estranxeiro situouse en preto do 28%, marcando así niveis máximos de volume e peso nun mes de abril.
Tamén o sector viu mellorados os seus resultados desde o punto de vista económico. Segundo as estatísticas do INE, as tarifas hoteleiras incrementáronse en Galicia neste cuarto mes do ano un 6,5%, por riba da media española, onde o incremento foi do 3,2%. A rendibilidade medida polo RevPAR ou ingreso por habitación dispoñible tamén medrou máis que na media española. O incremento en Galicia foi do 17%, mentres no resto de España creceu de media un 4,2%.
Galicia tamén se atopa entre os destinos que rexistraron un incremento máis notable e intenso dos niveis de rendibilidade nese mes. Así, Cantabria foi a comunidade con maior crecemento neste indicador, seguido por Asturias e Galicia, todas elas comunidades da España Verde, a marca turística do norte peninsular.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Goberno autonómico prevé publicar antes de que remate o ano a nova normativa de desenvolvemento do decreto de FP, aprobado este ano, para actualizar os currículos destas ensinanzas e incorporar tres novas figuras docentes. Así se recolle nos informes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP , que abordan tanto esta nova regulación como o lanzamento da primeira convocatoria do selo Empresa comprometida coa FP dual, un distintivo para recoñecer ás empresas máis implicadas con estas ensinanzas, que acreditará o seu traballo e que implicará beneficios.
Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).