Noticias

A película de Isabel Coixet 'Elisa e Marcela' estréase en seis cines galegos

'Elisa e Marcela', a película de Isabel Coixet producida pola compañía compostelá Zenit TV chega esta fin de semana ás salas de cine despois de ter desenvolvido maioritariamente unha rodaxe en localizacións galegas e de xerar máis de 1,5 millóns de euros na contratación de equipos e profesionais do noso sector audiovisual. A filmación supuxo 13 xornadas de rodaxe en Galicia, das 23 desenvolvidas, o que equivale a máis do 56% do período de gravación. Durante este tempo, contratáronse máis de 200 persoas entre persoal artístico, técnico e de figuración en 191 convocatorias de traballo. A fita, que conta a historia das dúas mulleres que casaron na Coruña en 1901 —no considerado como primeiro matrimonio homosexual de España— está protagonizada por Natalia de Molina e Greta Fernández.

Elisa e Marcela, a película de Isabel Coixet producida pola compañía compostelá Zenit TV co apoio da Xunta de Galicia, chega esta fin de semana ás salas de cine despois de ter desenvolvido maioritariamente unha rodaxe en localizacións galegas e de xerar máis de 1,5 millóns de euros na contratación de equipos e profesionais do noso sector audiovisual.

Así o cifra a propia produtora, que asumiu un proxecto que supera os 1,6 millóns de euros ao que contribuíu unha subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) de 240.000 euros. A filmación supuxo 13 xornadas de rodaxe en Galicia, das 23 desenvolvidas, o que equivale a máis do 56% do período de gravación. Durante este tempo, contratáronse máis de 200 persoas entre persoal artístico, técnico e de figuración en 191 convocatorias de traballo.

As secuencias rodadas en Galicia rexistráronse en paraxes repartidas nas provincias de Ourense (Boborás, Pazos de Arenteiro, Moldes e Celanova) e da Coruña (San Xulián de Bastabales, praia da Aguieira e montes de Portosín e mais Luaña).

A fita, que conta a historia das dúas mulleres que casaron na Coruña en 1901 —no considerado como primeiro matrimonio homosexual de España— está protagonizada por Natalia de Molina e Greta Fernández. Xunto a elas, completan o reparto nove actrices e actores galegos: María Pujalte, Tamar Novás, Sara Casasnovas, Roberto Leal, Manuel Lourenzo, Luisa Merelas, Mariana Carballal, Elena Seijo e Cova Verdiñas.

Despois de terse presentado na pasada Berlinale, a estrea será a partir deste venres 24 en nove cines galegos, ademais dos pases previstos en Madrid, Barcelona e Málaga. Na nosa Comunidade, as salas que proxectarán a película son Numax, en Santiago de Compostela; Multicines Norte, en Vigo; Cantones, na Coruña; Cines Xunqueira, en Cee; Cinexpo, en Pontevedra; e Cines Pontevella, en Ourense. Na platafoma dixital Netflix estrearase o 7 de xuño e para o vindeiro ano 2020 poderase ver en TVG, TV3, Canal Sur, Aragón TV, Castilla-La Mancha TV e Televisión de Canarias.

R., 2019-05-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES