
Este proxecto está composto polo libro Os nove anos de Fraguas en Lugo, que recolle textos dos promotores desta iniciativa, e doutros amigos e antigos alumnos de Antonio Fraguas, sobre os nove anos que este pasou en Lugo, e da fonda pegada que deixou neles e na sociedade lucense; unha exposición itinerante, composta por doce paneis, nos que se resumen os contidos do libro, e que nos vindeiros meses percorrerá toda Galicia; e a web fraguasenlugo.org, que recolle todas os contidos da publicación en papel.
Neste acto foron presentadas todas estas accións, e tamén se impuxo o nome Antonio Fraguas ó Arquivo e Biblioteca histórica do Instituto. Por outra banda, fíxose entrega ó centro do cadro realizado polo pintor Manuel Romero co gallo desta celebración.
Ao acto asistiron os promotores do proxecto: o profesor Manuel Regueiro Tenreiro, o historiador Antonio Prado Gómez; os antigos alumnos Xulián Parga, Paco Martín e Xulio Xiz, e outros antigos alumnos e amigos. Participaron tamén Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, en representación da Xunta de Galicia; o director do IES Lucus Augusti, Carlos Cazón, e o director de GaliciaDigital, Antonio Giz.
O proxecto "OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO contou coa colaboración do colectivo Egeria e de GaliciaDigital no desenvolvemento de todas estas accións, e co apoio da Xunta de Galicia.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.