Noticias

A estadía media nos establecementos turísticos galegos acada no primeiro trimestre a cifra máis elevada dos últimos cinco anos

A estadía media nos establecementos de aloxamento galegos medrou no primeiro trimestre un 2,3%, situándose na cifra máis alta dos últimos cinco anos. Nos tres primeiros meses visitaron Galicia máis de 614.000 viaxeiros, que realizaron máis de 1,1 millóns de pernoitas, o que supón un crecemento dun 18% no último lustro. Durante os tres primeiros meses deste ano o turismo internacional medrou preto dun 2% . É o quinto ano consecutivo no que se rexistra un crecemento do turismo internacional en Galicia neste primeiro trimestre situando o nivel de 2019 en máis de 218.000 noites, a cifra máis alta en 11 exercicios. No que se refire só ao mes de marzo, tamén se rexistrou un aumento no tempo que os viaxeiros permanecen na Comunidade galega malia o efecto de Semana Santa, que nesta ocasión se celebrou en abril.

A estadía media nos establecementos de aloxamento galegos medrou no primeiro trimestre un 2,3%, situándose o tempo que os viaxeiros permanecen na Comunidade na cifra máis alta dos últimos cinco anos.

Así se desprende dos últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que revelan que nos tres primeiros meses visitaron Galicia máis de 614.000 viaxeiros, que realizaron máis de 1,1 millóns de pernoitas, o que supón un crecemento da demanda turística nun 18% no último lustro.

Durante os tres primeiros meses deste ano o turismo internacional medrou preto dun 2% na totalidade dos aloxamentos regrados, incluíndo hoteis, pensións, campings, establecementos de turismo rural e apartamentos turísticos. É o quinto ano consecutivo no que se rexistra un crecemento do turismo internacional en Galicia neste primeiro trimestre situando o nivel de 2019 en máis de 218.000 noites, a cifra máis alta en 11 exercicios.

No que se refire só ao mes de marzo, tamén se rexistrou un aumento no tempo que os viaxeiros permanecen na Comunidade galega malia o efecto de Semana Santa, que nesta ocasión se celebrou en abril. A cifra da estadía media medrou case o 4% só nese mes. Tamén se rexistrou un aumento na demanda turística internacional, neste caso en máis dun 7% na totalidade dos aloxamentos regrados.

R., 2019-05-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES