
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou en rolda de prensa que o Consello ven de constatar a boa marcha do sector turístico durante a Semana Santa. Feijóo indicou que se cumpriron as mellores previsións cun aumento dos ingresos do 15% e un nivel de ocupación media que chegou a alcanzar o 95% nos días festivos da Semana Santa. Estes datos, aportados polo propio sector a través do Clúster de Turismo, supoñen un balance moi positivo, engadiu.
O presidente da Xunta sinalou que o comportamento turístico de Galicia mellora sobre ás previsións iniciais e medra notablemente respecto ao ano pasado e engadiu que o turismo se consolida como un piar básico da estrutura económica de Galicia.
En termos de ocupación o rango xeral situouse entre o 65% e o 85%, aumentando entre o Xoves e o Sábado Santo ata o 95% e chegando mesmo ao 100% en algunhas zonas como Ferrol, Viveiro ou a Ribeira Sacra. A provincia de Lugo foi unha das zonas que máis medrou cunha ocupación media do 93%, que supón un aumento interanual do 10%. Feijóo sinalou, neste senso, que se nota a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco e a designación do Xeoparque Montañas do Courel. Ademais, o presidente da Xunta cualificou de espectacular a chegada de 14.000 peregrinos a Santiago de Compostela, un 61% máis que en 2018. Tamén destacou os bos resultados do turismo rural cunha ocupación do 67%.
O Consello da Xunta tamén coñeceu hoxe a resolución da convocatoria de 2019 das axudas para mellorar as infraestruturas turísticas do rural. Feijóo avanzou que se mobilizarán 4,7 M que beneficiarán a 126 concellos das catro provincias para, entre outras cuestións, actuacións de mellora de accesos, recuperación e tratamento paisaxístico, iluminación ornamental ou actuacións dos Bens de Interese Cultural.
A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia Pajarito, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.