Noticias

Galicia ocupa o segundo lugar dentro de España en número de cabezas de vacún de carne, e o terceiro posto por reses sacrificadas

As indicacións xeográficas protexidas (IXP) de carne de vacún de Galicia creceu en 2018 por riba do 3% en certificación e comercialización de Ternera Gallega, acadando os 122 millóns de euros de valor económico en primeira venda. Esta IXP mantivo ademais as súas cifras de actividade no campo, con 8.199 explotacións e 132.868 tenreiros rexistrados. A IXP Vaca Galega / Boi Galego, conta xa con 683 explotacións, 21 industrias inscritas e 8.593 vacas e bois rexistrados. O pasado ano certificáronse un total de 334 canais que sumaron 138 toneladas de carne. A nosa comunidade ocupa o segundo lugar dentro de España en número de cabezas de gando tras Castela e León.

O conselleiro do Medio Rural, José González, destacou hoxe os bos resultados das indicacións xeográficas protexidas (IXP) de carne de vacún de Galicia en 2018, no marco da evolución favorable deste sector en Galicia nos últimos anos. Así, puxo en valor o crecemento por riba do 3% en certificación e comercialización de Ternera Gallega e os 122 millóns de euros de valor económico en primeira venda. Ademais, sinalou que esta IXP mantivo as súas cifras de actividade no campo, con 8.199 explotacións e 132.868 tenreiros rexistrados.

José González defendeu tamén “a progresiva consolidación” da IXP Vaca Galega / Boi Galego, que conta xa con 683 explotacións, 21 industrias inscritas e 8.593 vacas e bois rexistrados. O conselleiro destacou o peso que está tendo este selo de calidade, ao certificarse o pasado ano un total de 334 canais que sumaron 138 toneladas de carne.

O conselleiro participou na presentación do informe de actividade do Consello Regulador que agrupa estas dúas IXP, acompañado polo seu presidente, Jesús González. Neste foro, o titular de Medio Rural salientou que a nosa comunidade ocupa o segundo lugar dentro de España en número de cabezas de gando (tras Castela e León) e o terceiro posto por reses sacrificadas (despois de Cataluña e da propia comunidade castelán-leonesa).

Neste sentido, José González lembrou tamén que, segundo datos do Ministerio de Agricultura, estas tres comunidades concentran máis da metade da produción nacional, que se sitúa en total arredor dos 2,3 millóns de cabezas. O conselleiro fixo especial fincapé na calidade destas producións e, neste sentido, recordou que Ternera Gallega aglutina máis da metade do produto nacional amparado por algún indicativo de excelencia, como pode ser a indicación xeográfica protexida.

Ademais, José González sinalou que a nosa comunidade conta con ata 35 producións con selos de calidade diferenciada. Para dar apoio a toda esta riqueza, dixo, creouse a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e traballan tamén entidades como o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), que impulsan o I+D+i, a formación e a transferencia de coñecementos ao sector. O conselleiro rematou a súa intervención reiterando o seu convencemento de que, grazas a esta aposta pola calidade, o rural galego ten futuro e que debemos sentirnos orgullosos del.

R., 2019-03-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES