
Cintaadhesiva, un proxecto baseado orixinal da poeta Silvia Penas e do músico Jesús Andrés Tejada, que ten como base os ámbitos literario e musical, ofrecerá este xoves 14 de marzo, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber, un espectáculo de música electrónica e poesía no marco dos Xoves de Moda, un dos programas artísticos promovidos no marco do ciclo Lubicán, organizado ao abeiro do Convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento de USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.
Un concerto de Cintaadhesiva antóllase como unha experiencia moi completa, de grande intensidade. Nos contidos destaca un posicionamento marcadamente feminista e unha visión crítica de diversos ámbitos do social. Unha reflexión profunda e poética acerca da vida e das formas de actuar do ser humano.
O dúo formado por Silvia Penas e Jesús Andrés Tejada, cuxa creación podería inserirse no xénero coñecido como e-poesía, ou poesía con música elecrónica, da que ésta é a base principal das composicións de Jesús Andrés, repletas de reminiscencias do post-rock, dream pope ambient.
Unha parte importante do espectáculo que ofrece formación artística vén dada pola integración de textos poéticos na música, que non acompañados dela. Deste xeito, o espectáculo intercala tamén temas cantados compostos polos mesmos autores. O concerto que ofrecerán este xoves os compoñentes de Cintaadhesiva é de entrada libre e de balde para todo o público interesado ata completar o aforo.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.