Noticias

Galicia participa cun pavillón propio na Feira Expo Antad & Alimentaria de México, coa representación de once compañías do sector

No evento, referente principal para a industria da alimentación iberoamericana e, no que participarán un total de 47 compañías españolas, Galicia contará cun pavillón propio dentro da área dedicada a España. A esta feira, na que se darán cita 1.900 expositores de máis de 30 países, prevese a visita de preto de 50.000 persoas vinculadas ao sector alimentario. A participación na Feira Expo Antad & Alimentaria pretende abrir oportunidades de negocio e alianzas para o tecido empresarial galego. Durante a feira, reforzarase a imaxe da marca Galicia e os produtos galegos con actividades e eventos como obradoiros de cociña ou catas de viños.

As consellerías de Economía, Emprego e Industria e de Cultura e Turismo participan, xunto coa Cámara de Comercio da Coruña, once empresas alimentarias galegas, a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescado e Marisco (Anfaco) e o Consello Regulador da D.O Rías Baixas, na Feira Expo Antad & Alimentaria, que se celebra do 5 ao 7 de marzo na cidade mexicana de Guadalaxara.

No evento, referente principal para a industria da alimentación iberoamericana e, no que participarán un total de 47 compañías españolas, Galicia contará cun pavillón propio dentro da área dedicada a España. A esta feira, na que se darán cita 1.900 expositores de máis de 30 países, prevese a visita de preto de 50.000 persoas vinculadas ao sector alimentario.

A participación na Feira Expo Antad & Alimentaria pretende abrir oportunidades de negocio e alianzas para o tecido empresarial galego, así como dar continuidade ao esforzo realizado por parte do Goberno galego na misión que o presidente da Xunta realizou a este país o pasado mes de maio, na que se pechou a asistencia de Galicia ao encontro.

Durante a feira, reforzarase a imaxe da marca Galicia e os produtos galegos con actividades e eventos como obradoiros de cociña ou catas de viños. Ademais, realizaranse axendas individuais de negocio para todos os participantes galegos que permitan intensificar a posición dos seus produtos no mercado mexicano e a maior presenza das súas empresas no país centroamericano.

Paralelamente a este evento, está prevista unha misión comercial multisectorial no mesmo país do 3 ao 9 de marzo a través do plan Foexga, coa colaboración da Cámara de Comercio da Coruña, e na que participarán once empresas dos ámbitos da alimentación, madeira, metalmecánico, tecnoloxía e servizos.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante o Plan Foexga, impulsa en 2019 e 2020 as exportacións de 600 pemes e autónomos cun investimento de 3,6 millóns de euros. Esta iniciativa, que se desenvolve en colaboración coas cámaras de comercio galegas, busca reforzar a internacionalización das compañías beneficiarias que se poden acoller a unhas 160 accións en máis de 50 países.

Galicia vén de lograr un novo récord de vendas dos produtos galegos ao exterior. No 2018 as exportacións sumaron 22.587 millóns de euros, cunha suba do 5,4% con respecto ao ano anterior e acadouse tamén o maior número de empresas exportadoras e empresas exportadoras regulares da historia. Ademais, Galicia pechou o ano coa terceira mellor balanza comercial en termos absolutos, cun saldo positivo de 3.835,5 millóns de euros.

Un total de 89 empresas galegas do sector da alimentación e as bebidas venderon o ano pasado produtos por un valor de 7,89 millóns de euros a México, un mercado de interese estratéxico para Galicia que dispón dunha importante industria en sectores como a automoción, o aeroespacial, o turismo, o téxtil ou o agroalimentario. Este último é o terceiro ámbito produtivo galego por volume de vendas ao exterior, cun valor de 3.065,6 millóns de euros, o que representa o 13,4% do total das exportacións da nosa comunidade no pasado ano 2018.

R., 2019-03-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES