Noticias

O sector turístico galego remata 2018 co sexto maior crecemento de toda España

Galicia remata o 2018 cun excelente resultado empresarial no sector turístico, tal e como reflicte o informe presentado hoxe por Exceltur, Alianza para a excelencia turística, no que fai balance da evolución no pasado exercicio e expón as perspectivas para o 2019. En ambos casos, a Comunidade galega aparece como unha das mellor situadas a nivel nacional. De feito, é a sexta autonomía cun maior crecemento tanto en ventas como en resultados e colócase terceira para o novo ano. En concreto, no que se refire ás ventas, o sector turístico experimentou un aumento do 3%, segundo os datos recollidos pola Enquisa de Clima Turístico Empresarial realizada por Exceltur.

Así mesmo, os resultados medraron case un 2%, o que converte a Galicia na mellor comunidade da España Verde, a coalición que agrupa as rexións do norte peninsular da que forma parte activa xunto ao Principado de Asturias, Cantabria e País Vasco.

Desde a Xunta, considérase que as cifras certifican que a Estratexia do Turismo de Galicia 2020 está a funcionar satisfactoriamente, propiciando unha maior competitividade do destino e estimulando o desenvolvemento económico cun modelo de calidade e sustentabilidade.

Bo final de exercicio

Este resultado, derivado dun comportamento homoxéneo durante todo o ano, observouse tamén durante o último trimestre, coincidindo co outono-inverno. Durante ese período, o 74% dos empresarios logrou aumentar o manter os resultados respecto a 2017 e o 100% foi quen de mellorar o conservar o nivel de emprego. De igual xeito, máis do 76% mellorou ou preservou os seus prezos e o 71% repetiu este mesmo patrón coas súas reservas.

O informe tamén ofrece as primeiras perspectivas empresariais para 2019, nas que Galicia destaca aínda con maior intensidade. Así, as expectativas do sector sitúan á Comunidade como a terceira con maiores subidas en ventas, só por detrás de Estremadura e Madrid, cun crecemento estimado do 3,6%. Nos beneficios atópase igualmente en cuarto lugar, cun crecemento próximo ao 3%. De cara ao primeiro trimestre, o 80% dos empresarios confía en mellorar ou manter os seus resultados e o 85% prevé similar evolución nas súas vendas.

Exceltur atribúe este sobresaínte comportamento á decidida aposta durante os últimos anos polo “reposicionamento e reinvención de produto e a diversificación de mercados, reforzando a fidelización de demanda interior e unha maior presenza de demanda internacional”.

R., 2019-01-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES