Noticias

O Centro Galego de Arte Contemporánea inaugura a mostra 'Without', de Julião Sarmento

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) inaugurou Without, a nova mostra temporal dedicada neste caso a un dos artistas portugueses máis reputados na actualidade, o lisboeta Julião Sarmento. O traballo de Julião Sarmento formalízase desde o fronteirizo. Moitas das súas obras conteñen imaxes de imaxes e están relacionadas entre si, aínda que funcionen de maneira independente. Toda a obra de Julião Sarmento proxecta unha sensación cinematográfica, porque no que vemos sempre intuímos algo que se mantén ausente, fóra de escena.

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) inaugurou Without, a nova mostra temporal dedicada neste caso a un dos artistas portugueses máis reputados na actualidade, o lisboeta Julião Sarmento. Esta exposición, comisariada polo director do CGAC, Santiago Olmo, e o crítico David Barro, ofrece arredor de trinta obras visuais, significativas para comprender a evolución estética e de intereses de Sarmento.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, destacou “a ampla e significativa escolma creativa” que nesta nova temporal se ofrece deste artista. “Sen dúbida, un dos máis destacados da arte portuguesa e internacional.” Así mesmo, o conselleiro fixo fincapé en que con esta mostra se continúa cos 25 anos de portas abertas do CGAC e se afonda nas relacións “ibéricas e atlánticas” deste centro de referencia da arte contemporánea na nosa comunidade.

No acto tamén estiveron presentes na inauguración ambos os dous comisarios, David Barro e Santiago Olmo, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo.

As relacións de Salgado coa imaxe

O traballo de Julião Sarmento formalízase desde o fronteirizo. Moitas das súas obras conteñen imaxes de imaxes e están relacionadas entre si, aínda que funcionen de maneira independente. Toda a obra de Julião Sarmento proxecta unha sensación cinematográfica, porque no que vemos sempre intuímos algo que se mantén ausente, fóra de escena. A súa exposición no CGAC é unha visión panorámica que recolle traballos arredor deste sentir cinematográfico, transversal a toda a súa traxectoria.

A mostra recolle exemplos da súa particular maneira de deconstruír a imaxe, de obras onde o baleiro se concibe como fondo activo e dunha serie de esculturas onde se convoca a idea de escena. Tamén dos seus traballos recentes, enigmáticas pinturas de dimensión fractal que nos remiten ao mundo das constelacións. As súas obras demandan unha posición activa no espectador, que se ve obrigado a descifrar a intención de cada motivo e de cada ausencia, atendendo a títulos que ofrecen pistas ao tempo que reforzan o misterio.

O título, Without, fai referencia á polaridade que domina toda a obra de Julião Sarmento. A polaridade é como unha porta que nun lado ten escrita a palabra entrada e no outro saída, pero sempre é a mesma porta e, segundo o lado polo que nos acheguemos a ela, vemos un ou outro dos seus aspectos. Como nas obras de Julião Sarmento, o título non nos di unha verdade exacta nin absoluta nin tampouco nos informa de todo o que se ve.

R., 2018-11-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES