
Entre os seis títulos seleccionados para este programa, todos eles adaptacións literarias, atópanse algunhas das súas fitas máis difundidas internacionalmente, como Irezumi (Spider Girl, 1966), baseada no famoso relato Tatuaxe, de Junichiro Tanizaki, que poderá verse no CGAI o 22 de novembro; ou Akai Tenshi (The Red Angel, 1966), unha das que mellor exemplifica eses retratos ao límite que lle dan título ao ciclo, ao que lle porá o colofón o día 19.
Pero na Filmoteca de Galicia poderán verse, así mesmo, outras películas que non teñen conseguido tanta atención fóra do seu país, como Seisaku no Tsuma (Seisakus Wife, 1965), considerada porén como a súa obra mestra e unha das grandes películas xaponesas dos anos sesenta do pasado século.
En sesión dobre
Yazusô Masumura. Retratos ao límite arranca esta mesma tarde coa proxección, ás 18,00 e ás 20,30 h., de Warm Current (1957), e completarase o día 14 con With My Husbands Consent (1964) e 21 de novembro con Hoodlum Soldier (1965). Todas as películas do ciclo proxectaranse en sesión dobre, ás 18,00 e ás 20,30 h., en versión orixinal xaponesa con subtítulos en galego.
A través delas dáse conta da sátira mordaz e da fluidez estilística da filmografía de Yasuzô Masumura (1924-1986), considerado precursor da Nova Onda xaponesa e alumno de Michelangelo Anyonioni, Federico Fellino e Lichino Visconti durante a súa estadía como bolseiro no Centro Sperimentale di Cinematografía italiano. Nas súas sesenta películas, abordou historias e de xéneros moi variados nos que sempre imprimiu o seu particular selo, con elementos recorrentes como o seu compromiso ético, a recreación de comportamentos obsesivos ou o erotismo.
Esta retrospectiva tamén lle permitirá ao público gozar dos traballos de Ayako Wakao, unha das grandes actrices xaponesas que, como sucede con Masumura, é pouco coñecida en Occidente. Con el protagonizou 25 películas, ademais de traballar con outros importantes nomes do cinema do seu país, como Kenji Mizoguchi e Kon Ichikawa, cos que precisamente se iniciou Yasuzô Masumura como director das súas segundas unidades.
A Esmorga, con Fernanda Tabarés e Antón Reixa
Tras a sesión dobre de hoxe con Warm Current, a programación desta semana continuará mañá venres cunha nova proxección do ciclo co que a filmoteca galega está a conmemorar o centenario de Ingmar Bergman (El silencio, ás 18,00 e ás 20,30 h.) e o sábado, ás 18,00 h., coa quinta entrega do programa Pensando en cine/Pensando en Galicia, no que persoeiros da cultura galega non vencellados directamente ao cine escollen filmes para comentalos cos espectadores.
Desta volta, a sede do CGAI recibirá a visita da xornalista Fernanda Tabarés para presentar a película A Esmorga, de Ignacio Vilar, e debatela xunto con Antón Reixa, coordinador desta sección pola que xa pasaron a vocalista Guadi Galego, a poeta Yolanda Castaño, o músico Julián Hernández e a gaiteira Susana Seivane.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.