
Tamén fará posible afondar no coñecemento dos primitivos procesos de explotación aurífera desde as Médulas ata a conca mineira da ribeira do Sil, segundo sinalou a catedrática de Historia da Arte da USC e directora do Centro de Estudos de Historia da Cidade, Ana Goy Diz.
Estruturado en catro sesións temáticas: Terra auris, paisaxe aurífera e circulación do ouro; Tecnoloxía da ourivería antiga: contribucións do ouro; Arqueoloxía do ouro. Presente e futuro da investigación en ourivería antiga, e O ouro e os sentidos: A ourivería como símbolo, relación de identidade, xénero, poder/prestixio, este congreso internacional sobre arqueoloxía do ouro antóllase tamén como un foro acaído para salientar tamén o interese engadido que outorga a estas pezas ou xoias de ourivería o seu valor documental e informativo.
A directora do Centro de Estudos de Historia da Cidade da USC salientou asemade a pertinencia de celebrar este congreso científico na cidade amurallada, dado que o Museo Provincial de Lugo conta na actualidade coa colección de Álvaro Gil, a colección de ourivería máis importante de todas cantas hai documentadas en Galicia e a única que está declarada como Ben de Interese Cultural en 2015. Esta mostra inclúe pezas datadas entre o III milenio a.C. ata o s.VI d.C. Un conxunto de 56 pezas que se exhiben na sala 8 do Museo Provincial de Lugo, unhas dependencias que actualmente están en fase de remodelación museográfica. Contén torques, brazais, arracadas e pulseiras procedentes de todo o territorio galego. Inclúe xoias como o Torques de Burela, que é o máis grande atopado en Galicia, unha xoia de case dous quilos encontrada no ano 1945 nun castro de dito municipio mariñán.
Presentación do congreso
O Congreso Internacional de Arqueoloxía do Ouro botará a andar este mércores 7 de novembro, a partir das 19.00 horas, no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo, coa celebración dun acto institucional de inauguración deste simposio, unha sesión na que participarán, entre outras autoridades, a vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto; o vicepresidente da Deputación de Lugo, Álvaro Santos; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López; a deputada provincial delegada da área de Cultura, Pilar García Porto, e Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo.
Unha vez remata a presentación do evento, o profesor de Arqueoloxía Científica na Universidade de Cambridge Marcos Martinón-Torres, ofrecerá o relatorio inaugural do congreso, unha intervención que se desenvolverá baixo o título O ouro de El Dorado: verdades e mentiras sobre unha historia lexendaria.
O programa de relatorios no que está estruturado o congreso, en cuxo comité científico figuran ademais de Ana Goy Diz e Marcos Martinón-Torres, Aurelia Balseiro, Xosé Lois Armada, e Bea Comendador, desenvolverase os días 8 e 9 de novembro en quenda de mañá e tarde.
Un total de 596 centros de Primaria e Secundaria de toda Galicia van participar o vindeiro curso no programa de ensino híbrido E-Dixgal. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP incorpora á iniciativa, a petición dos centros, dous colexios e deciden saír outros tres, de xeito voluntario. En concreto, os centros de nova incorporación son os colexios CEIP de Castrelo de Miño (Castrelo de Miño, Ourense) e o CEIP de Valeixe (A Caniza, Pontevedra). No que atinxe ás renuncias, son as do CEIP de Zalaeta (A Coruña), CEIP Península da Paz (Cervo) e a do Instituto Martaguisela (O Barco).
Durante seis días do mes de setembro, a cidade de Vigo acollerá un ciclo de concertos único que reunirá diferentes xeracións, estilos musicais e públicos nunha contorna privilexiada: o peirao de transatlánticos do Porto de Vigo, un espazo aberto ao Atlántico e situado en pleno corazón da ría de Vigo. Son e Mar combina música, identidade cultural e experiencia colectiva nunha programación pensada para todos os públicos. Ao longo do ciclo, preto de 50 artistas pasarán polo escenario principal e espérase unha asistencia superior ás 35.000 persoas entre todos os eventos programados.