
Os nomes dos autores seleccionados polo xurado do premio déronse a coñecer hoxe nunha rolda de prensa celebrada no IES Plurilingüe Rosalía de Castro que contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.
García Gómez incidiu na importancia que ten para a difusión da literatura en lingua galega entre a mocidade un certame que lles dá voz aos lectores novos para que sexan eles os que se erixan en xurado, os que expresen os seus gustos tras unha lectura que, tendo en conta a responsabilidade que asumiron, seguramente foi atenta e demorada. O secretario xeral de Política Lingüística fixo tamén fincapé en que é un acerto que este sexa un premio internacional e para literaturas en diferentes idiomas, porque para o alumnado galego é importante que se poña en paralelo a novela escrita na lingua propia de Galicia por autores do seu contorno próximo coa de figuras relevantes do ámbito internacional que empregan cadansúa fala para se expresar.
O responsable de Política Lingüística estivo acompañado por Xavier Mouriño, director do IES Plurilingüe Rosalía de Castro; Ubaldo Rueda, presidente da Asociación Cultural Rosalía de Castro; Juan Carlos Caneiro, director territorial de Abanca, e Maribel Martín, responsable da organización do premio.
Xurado adolescente
O xurado do XXIV Premio San Clemente Rosalía-Abanca estivo composto por estudantado de bacharelato do IES Plurilingüe Rosalía de Castro e do IES Antonio Fraguas Fraguas, ambos de Santiago de Compostela; dos IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas de Oleiros, Sánchez Cantón de Pontevedra, Xoán Montes de Lugo e Ramón Otero Pedrayo de Ourense e mais dos seguintes colexios estranxeiros: Hockerill College de Londres (Reino Unido), Saint François Xavier de Vannes (Francia), Grimmelshausen Gimnasium de Gelnhausen (Alemaña), Escola Secundaria de Santa Comba Dão (Portugal) e Colexio Rosalía de Castro de Moscova (Rusia).
Os mozos e mozas integrantes do xurado tiveron que elixir entre nove novelas finalistas. En lingua galega, disputaron o premio con O xardineiro dos ingleses, de Marcos Calveiro, Alma e o mar, de Francisco X. Fernández Naval, e Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantza Portabales, todas elas publicadas pola Editorial Galaxia. En castelán, o estudantado valorou, a canda La uruguaya, de Pedro Mairal (Libros del Asteroide), Los cinco y yo, de Antonio Orejudo (Tusquets), e Tierra de campos, de David Trueba (Anagrama). En lingua estranxeira, as finalistas eran, xunto con A vexetariana, de Han Kang (Rata), Solenoide, de Mircea Cartarescu (Impedimenta), e Toda unha vida, de Robert Seethaler (Salamandra).
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.