Noticias

O programa de mobilidade Galeuropa preséntase como ferramenta para mellorar as competencias da xuventude

O programa Galeuropa é unha iniciativa que “contribúe á mellora das competencias e habilidades dos mozos e mozas e que incrementa as súas posibilidades de inserción laboral, ao tempo que dota de recursos humanos de calidade ao tecido empresarial galego”. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou no acto de despedida dos mozos e mozas que participan no programa de mobilidade transnacional Galeuropa. Unha xornada na que o titular autonómico das políticas sociais do Goberno galego estivo acompañado pola directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez.

Rey Varela desexou unha boa viaxe e mellor experiencia aos preto de medio milleiro de participantes que nesta edición realizarán prácticas formativas de entre dous e tres meses de duración en empresas e entidades públicas ou privadas de 27 países europeos.

Con esta iniciativa, a Consellería de Política Social pretende promover a mobilidade da mocidade galega, ben directamente concedendo axudas individuais aos mozos e mozas, ou ben mediante a concesión de axudas a proxectos de mobilidade de entidades sen ánimo de lucro con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude ou proxectos de concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia.

Incluído no Programa Operativo de Emprego Xuvenil e cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo, a distribución orzamentaria de Galeuropa é a seguinte: 844.571 euros para as axudas de mobilidade individuais de mozos e mozas; 1,1 millóns de euros para a concesión de proxectos presentados por entidades sen ánimo de lucro; e 500.000 euros para a concesión de proxectos presentados por concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Os participantes desta iniciativa son mozos e mozas inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia que cumpren coa condición de beneficiarios/as. Para ser beneficiarios/as do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil deben cumprir os seguintes requisitos: non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación; non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación; e non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.

As prácticas formativas serán realizadas en países como Lituania, Hungría, Letonia, Estonia, República Checa, Croacia, Eslovenia, Bulgaria, Romanía, Portugal, Eslovaquia, Malta, Grecia, Bélxica, Luxemburgo, Chipre, Alemaña, Austria, Países Baixos, Italia, Polonia, Francia, Suecia, Finlandia, Irlanda, Reino Unido e Dinamarca e o período de realización da práctica formativa rematará o 30 de novembro.
A contía da axuda por mozo/a establécese en función do país de realización da práctica formativa e en función da duración da mesma; e inclúe unha axuda para os gastos de aloxamento e manutención, e axuda para apoio lingüístico (150 euros) para as mobilidades individuais. No caso de proxectos de mobilidade de concellos e entidades sen ánimo de lucro, o importe total da axuda inclúe para a entidade de envío unha axuda á organización da mobilidade (550 euros por participante) e a súa execución, así como unha axuda á entidade de acollida. Está previsto un anticipo do 80 % do importe da axuda.

A finalidade do programa de mobilidade trasnacional xuvenil é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/as mozos/as non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, ao tempo que se apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros.

De conformidade co Plan de Emprego Xuvenil, a mobilidade, tanto nacional como europea, pode constituír un elemento fundamental na formación dos mozos e mozas, tanto pola experiencia adquirida como polo apoio que pode supoñer na aprendizaxe dun idioma estranxeiro. Desta maneira, a experiencia laboral no estranxeiro pode aportar un valor engadido á formación permanente dos mozos a á súa traxectoria profesional e proporcionarlle máis oportunidades de emprego.

R., 0000-00-00

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES