Noticias

Un total de 194 concellos e mancomunidades están adheridos á Rede Galega contra a Violencia de Xénero

Un total de 194 concellos e mancomunidades están adheridos á Rede Galega contra a violencia de xénero, posta en marcha de maneira conxunta entre Xunta e a Fegamp no ano 2012. No que levamos de ano 6 novos concellos sumáronse a esta iniciativa: Becerreá, Antas de Ulla, O Irixo, Barbadás, A Mezquita e Vilarmaior. A ‘Rede de entidades locais contra a violencia de xénero’ configúrase como un instrumento que busca conseguir o rexeitamento social e institucional da violencia de xénero, sensibilizando á poboación e conseguindo a súa implicación e compromiso real contra esta lacra, fomentando ao mesmo tempo modelos alternativos de convivencia baseados no respecto e na igualdade.

A Rede ten como obxectivos promover e apoiar proxectos de prevención da violencia de xénero e detección precoz de situacións de risco, mobilizar e implicar a toda a sociedade na loita contra a violencia de xénero, fomentando unha actitude crítica, solidaria e comprometida fronte a situacións de maltrato, fomentar o trato igualitario entre mulleres e homes e conseguir a tolerancia cero coas persoas agresoras.

Para o Goberno galego as entidades locais son os axentes idóneos para desenvolver iniciativas tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes, previr a violencia de xénero e favorecer as condicións de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, ao tratarse das administración máis próximas á cidadanía e máis coñecedoras da situación específica dos seus veciños e veciñas.

Cabe resaltar que os concellos que estean adheridos á Rede obterán máis puntuación nas axudas da Secretaria Xeral da Igualdade, tanto nas destinadas ao mantemento dos Centros de Información á Muller, como nas axudas aos programas de conciliación e corresponsabilidade, e o de violencia de xénero. Ademais de participar en numerosas actividades, como obradoiros, talleres, ou actividades lúdicas ou deportivas postas en marcha en marcha polo goberno galego e que non comportan custo económico algún para o concello, enmarcadas todas elas nos obxectivos de prevención, información, formación e asistencia directa ás vítimas de violencia de xénero e ás súas fillas e fillos.

R., 2018-08-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES