Noticias

A TVG incorporará os novos servizos interactivos que o mercado demande

Ábrese un período de consultas preliminares ao mercado para deseñar as solución e servizos para adaptar as emisións do ente público ás novas demandas do consumo, e poñerase en marcha unha canle dixital para o ámbito educativo e a creación de contidos multimedia

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a resolución conxunta da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Compañía de Radio Televisión de Galicia coa que se abre o período de consultas preliminares ao mercado para deseñar as solucións e servizos que permitirán adaptar as emisións do ente público ás novas demandas de consumo.

Este é o primeiro paso do proceso de compra pública innovadora co que ambas entidades buscan materializar os obxectivos do convenio asinado a pasada semana para incorporar á oferta da televisión pública contidos interactivos e segundas pantallas. Esta colaboración enmárcase no Plan DICO Mindset, elaborado pola Amtega en colaboración cos Clústers TIC e do Audiovisual para impulsar o sector dos contidos dixitais en Galicia.

Durante o mes de setembro está prevista a celebración dun Workshop no que as empresas interesadas en presentar proxectos poderán realizar consultas aos técnicos da Amtega e a CRTVG que lles explicarán as necesidades que buscan satisfacer con estas iniciativas.

Retos

Como recolle resolución conxunta publicada no DOG, a Amtega e a CRTVG queren crea unha plataforma integral que ofreza diversos servizos que incorporen as novas tendencias tecnolóxicas como realidade virtual e aumentada, a gamificación ou simuladores, ademais de novos modelos de creación de contidos e novas canles de distribución e solucións adaptadas ás novas tendencias de consumo.

Ademais, as solución propostas deberán dar resposta a retos como que capacidades tecnolóxicas son ás máis axeitadas para configurar o novo modelo de televisión pública interactiva ou establecer o modelo económico sostible que permita a adaptación progresiva ás novas tendencias dixitais con impacto económico no sector dos contidos dixitais.

Unha vez finalizada esta fase de consulta definiranse os proxectos concretos e abrirase o período de licitacións públicas para obter a solución tecnolóxica que mellor responda as necesidades expostas

O acordo asinado pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o director da CRTVG, Alfonso Sánchez, contempla un orzamento total de 2.430.000 euros ata o 2020. A axencia pública autonómica achegará 1.780.000 de euros, cofinanciados nun 80% con Fondos Feder, para facilitar o posicionamento da televisión pública autonómica nos novos hábitos de consumo.

Plan DICO Mindset

Estas iniciativas en colaboración coa CRTVG son un dos proxectos tractores impulsados desde a Administración autonómica no marco do DICO Mindset para dar resposta a demandas concretas e ter, tamén un efecto de estímulo para o sector.

Esta estratexia define actuacións en tres eixos: o reforzo do capital humano, o desenvolvemento de proxectos tractores e o fomento da competitividade dixital para configurar un sector de contidos dixitais galego máis potente, maduro e competitivo, que neste momento aglutina en torno a 900 empresas con preto de 5.400 empregados.

Ademais, está previsto crear un centro de xeración de contidos educativos innovadores e dentro da iniciativa de Memoria Dixital apostarase pola aplicación da innovación tecnolóxica a todo o ciclo de vida de preservación, xestión e promoción do patrimonio cultural galego.

R., 2018-07-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES