
Nota de prensa de la Real Academia Galega (RAG):
As aplicacións para dispositivos móbiles optimizan as buscas preditivas, que unifican os homónimos, de tal xeito que xa non é preciso escoller entre dúas palabras iguais distinguidas unicamente por un sinal numérico. Outra función xa en marcha na versión en liña do Dicionario que se incorpora a estas ferramentas é a busca directa das palabras con variación xenérica pola forma en feminino, que pasan a aparecer tamén como opción nas buscas preditivas. Por último, fixéronse unha serie de modificacións na ordenación das palabras e no xeito de compartir os termos a partir de eivas detectadas na anterior versión.
As aplicacións do Dicionario da Real Academia Galega superan as 75.000 descargas. En 2017, achegáronse aos dous millóns de visualizacións que hai que sumar aos máis de 20,5 millóns de consultas recibidas a través da versión en liña do Dicionario, dispoñible na páxina web da institución e no Portal das Palabras, o proxecto para a modernización do traballo lexicográfico e a difusión da nosa lingua da RAG e a Fundación Barrié. As apps dan tamén acceso aos xogos de léxico e á sección "A palabra do día" do Portal.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.