Noticias

En Marea pide al Gobierno gallego un informe sobre la situación de la playa de las Catedrales

El grupo parlamentario de En Marea considera preciso que el Gobierno gallego revise los límites de acceso de personas a la playa de las Catedrales y tener en cuenta a situación meteorológica para establecer limitaciones diarias. Asimismo, consideran necesario impulsar un informe exhaustivo acerca de la evolución geológica en la Playa de las Catedrales.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O grupo parlamentario de En Marea ven de rexistrar diversas iniciativas no Parlamento de Galicia entre as que se solicita ao Goberno galego a elaboración dun informe acerca do estado da praia de As Catedrais co obxecto de deseñar protocolos de seguridade acordes aos riscos que se detecten. Tras a morte dunha moza a causa dun traumatismo cranial polo desprendemento dunha pedra duns dos cantís da praia.

Desde o grupo lembran que este areal recibe cada ano a vista de milleiros de persoas a diario chegando aos 600.000 visitantes en 2015. Ao tramitar o permiso de acceso, as persoas visitantes reciben unha información acerca dos riscos que comporta a visita, en relación á suba da marea e aos desprendementos.

O 12 de xuño de 2015 publicábase no DOG o Decreto polo que se “aproba o Plan de conservación do monumento natural da Praia das Catedrais”. Segundo dito Plan, conforme ao artigo 26, a “Dirección Xeral de Conservación avaliará, cunha periodicidade bianual, a efectividade das medidas propostas, analizando a eficacia e eficiencia na execución das diversas accións e programas, e o progreso na consecución dos obxectivos ambientais propostos. Ademais recolle que “cada dous anos a Dirección Xeral de Conservación da Natureza elaborará un informe de seguimento. Unha copia do informe será remitido á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.”

Para protexer o monumento natural o Concello de Ribadeo elaborou un Plan Especial de Protección, aprobado inicialmente o 8 de novembro de 2017, que abarca máis territorio que o protexido polo Plan elaborado pola Xunta. En dito documento, sinálase que “a xestión da Praia das Catedrais quedou superada polo progresivo aumento de visitantes que, en determinadas épocas do ano, superan amplamente a súa capacidade de carga ecolóxica. A ausencia dunha xestión adecuada desta situación afectou negativamente o estado de conservación dos compoñentes do patrimonio natural e da biodiversidade.

O descontrol no uso público provocou que en determinados períodos as persoas deambulasen sen control por áreas do acantilado inestables, con risco para a súa integridade física, así como para as persoas que puidesen atoparse na praia. As advertencias sobre o exceso de visitantes veñen sucedéndose desde hai tempo por parte de distintos expertos que alertaron xa de posibles desprendementos. A Xunta, logo do suceso, clausurou o acceso á praia das Catedrais, pero a páxina oficial para descargar a autorización de visita á praia permite solicitar e conseguir autorización no domingo, 1 de abril.

O grupo parlamentario rexistrou diversas preguntas para que a Xunta de Galicia explique que medidas impulsou e vai impulsar para investigar este suceso, se vai tomar algunha medida para evitar situacións similares, se non consideran que nun lugar de risco, con tanta afluencia de visitantes a diario, debe haber dotación médica móbil, así como que medidas teñen tomado ante as advertencias de investigadores sobre a exposición a risco de desprendementos da gran cantidade de visitantes á Praia das Catedrais.

En Marea considera preciso que o Goberno galego revise os límites de acceso de persoas á praia das Catedrais e ter en conta a situación meteorolóxica para establecer limitacións diarias. Así mesmo, consideran necesario impulsar un informe exhaustivo acerca da evolución xeolóxica dos cantís da Praia das Catedrais.

R., 2018-04-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES