
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou que o presidente da Xunta terá que dar conta das consecuencias da súa reforma da Lei de Saúde na próxima sesión de control no Pleno do Parlamento. Así o explicou logo da Xunta de Portavoces que acordou a orde do día da sesión plenaria da próxima semana.
Preguntaralle a Feijóo polos problemas sanitarios logo da desaparición das catro áreas sanitarias de A Mariña, O Salnés, Valdeorras e Lemos, que quedarán supeditadas a Lugo, Pontevedra e Ourense. Os socialistas presentarán tamén unha moción para afrontar a situación dos recursos humanos na sanidade pública dende o inicio aumentando as prazas na Facultade de Medicina, incrementando os MIR e reducindo a precariedade.
O responsable socialista presentou as iniciativas socialistas no próximo Pleno do Parlamento, centradas no contido social, que incluirán unha interpelación sobre a política do goberno galego en relación á perda do poder adquisitivo das pensións. Esta iniciativa derivará no Pleno seguinte nunha moción para reclamar que se suban as pensións ao nivel do IPC para evitar a perda de poder adquisitivo.
Fernández Leiceaga explicou que ao eliminar a revalorización das pensións, ao contrario da política que segue a maior parte dos países da UE, o goberno central provoca unha perda acumulada de entre o 17 e o 20 por cento en 10 anos.
Os socialistas incluirán tamén unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta medidas para garantir a igualdade de homes e mulleres, así como as demandas que debe trasladarlle ao goberno central. Tamén presentan unha proposición non de Lei na que reclaman o reforzo dos equipos de valoración da discapacidade de Galicia como vía para suprimir as listas de espera.
Finalmente, presentarán unha proposición para reclamarlle ao goberno galego que compense a repercusión do IBI sobre as persoas arrendatarias do parque público de vivendas da Comunidade Autónoma.
Na quenda de preguntas, os socialistas galegos se dirixirán á Consellería de Educación para que explique a participación dos centros educativos nas iniciativas desenvoltas en relación coas vocacións nas áreas STEM ou de ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas.
O portavoz socialista levou á reunión da Xunta de Portavoces a decisión do Delegado do Goberno de renunciar a participar na Comisión de Estudo sobre Política Forestal, seguindo o mesmo razoamento dos representantes da UME, que declinaron asistir alegando que só están obrigados a comparecer a nivel estatal.
A instancias dos socialistas galegos, explicou Leiceaga, o presidente da Cámara dirixirase aos dous representantes para lembrarlles o seu deber de colaboración e puntualizar que nada impide que interveñan nunha Comisión de Estudo e colaborar para mellorar a política forestal do goberno galego.
Ademais, replicoulle hoxe aos anuncios de onte do presidente do goberno, que visitou Galicia no mesmo día que chegaban os orzamentos ao Congreso dos Deputados. Puntualizou que nos últimos catro anos o goberno deixou de investir 2.000 millóns de euros de investimentos para Galicia independentemente de que os orzamentos foran aprobados en prazo, prorrogados ou aprazados.
A continuación, criticou que o PP e o goberno galego pretendan pedirlle á oposición progresista que lles saque as castañas do lume e aprobe uns orzamentos que eles mesmos son incapaces e que van no sentido contrario das políticas defendidas polos socialistas.
Neste sentido, sinalou que non podemos aprobar uns Orzamentos que non revalorizan as pensións ao nivel do IPC e que con relación a Galicia, en concreto, renuncian a licitar o tramo de AVE entre Taboadela e Ourense, co que a liña non estará en funcionamento de forma íntegra a lo menos ata 2022 ou 2023.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.