
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
Torrado reclamoulle ao goberno galego que impulse a formación de novos profesionais na Facultade de Medicina da USC e, ademais, que garanta a estabilidade laboral do persoal sanitario que que poderían servir mellor ao sistema de maneira estable.
Neste sentido, reclamoulles que paralicen a redución do 5% das prazas de estudantes que está a propoñer a Universidade pola incapacidade material de formar ás 360 prazas que hai agora. Os socialistas galegos propuxeron reconducir a proposta da USC e, en lugar de reducir o número de estudantes, garantir novos investimentos, aumentar os recursos materiais e humanos e permitir así aumentar o número de alumnos.
Torrado acusou hoxe ao goberno galego de destinar 400 millóns de euros anuais a financiar a precariedade laboral na sanidade pública e lembrou que hoxe Galicia conta cunha das peores ratios de persoal sanitario por habitante do Estado. Mentres, dixo, seguen contratando por horas, en contratos de luns a venres para non pagar as fins de semana e negándose a ampliar as plantillas.
Unha das consecuencias, dixo, é que Galicia conta coa terceira atención sanitaria peor valorada segundo o CIS, un problema derivado directamente da falla de persoal. Sinalou que a resposta da Xunta é queixarse de que non hai profesionais especialistas en sanidade para contratar, mentres ao mesmo tempo contrata a menos do 15 por cento dos MIR que saen da Facultade de Medicina cada ano.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.