
Nota de prensa del Foro Económico de Galicia:
Por segundo ano consecutivo a economía galega presenta un crecemento anual do PIB en termos reais do 3,1%. Deste xeito encadenanse nove trimestres consecutivos con incrementos iguais ou superiores ao 3%.
Este crecemento macroeconómico é equilibrado ao presentar, tanto a demanda interna como externa, unha achega positiva. No que atinxe á oferta, o aspecto máis destacado é a evolución positiva do valor engadido bruto xerado polas distintas ramas de actividade.
Asemade, a recuperación económica reflíctese nun bo comportamento dos grandes agregados do mercado de traballo atendendo á evolución da ocupación e a redución do desemprego.
Sen embargo, Galicia amosa dende o ano 2008 un nivel de competitividade inferior á media estatal, situándose en 2016 no 93,4% (porcentaxe inferior ao estimado para o período 2008-2010). Ao tempo, Galicia caracterízase polo seu elevado minifundismo empresarial, que ademais é superior á media europea e as principais CC.AA.
Más información: Infome coyuntura económica I/2018
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.