
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:
A viceportavoz e portavoz de Xustiza do Grupo Popular, Paula Prado, demandou aos representantes sindicais dos traballadores da Administración de Xustiza en Galicia responsabilidade e recoñecer que a Xunta está a cumprir todas as demandas aprobadas por unanimidade neste Parlamento.
O que non é asumible é que cada concesión de mellora salarial por parte da Xunta veña acompañada dunha nova reivindicación sindical, co único fin de non chegar a acordo e continuar unha folga que cada día se percibe como máis prexudicial para os galegos e que fai dano ao propio servizo público da Xustiza, sinalou.
Paula Prado salientou que a Xunta sempre estivo e está disposta a sentarse a negociar cos representantes sindicais, pero chega un momento no que esta boa vontade choca frontalmente coa intransixencia sindical a intentar acadar un acordo. O que a Xunta está ofrecendo cumpre estritamente o que o Parlamento aprobou por unanimidade e que os propios sindicatos manifestaron que era o que eles pedían, polo que lle pedimos que deixen de facer dano á sociedade galega, indicou.
En concreto, a portavoz de Xustiza explicou que xa existe un acordo sobre todos os asuntos que inicialmente estaban enriba da mesa e agora as discrepancias dos sindicatos circunscríbense unicamente á suba salarial.
A maiores, e logo do acordo pactado polo Goberno central cos sindicatos para todos os funcionarios, os traballadores da Xustiza en Galicia verán incrementadas as súas nóminas un 13 por cento, un aumento considerable ao que os sindicatos volveron facer caso omiso a pesar de situar as retribucións dos traballadores por enriba da media estatal, indicou.
A portavoz de Xustiza lamentou que os grupos da oposición, que tanto teñen politizado esta cuestión, permanezan agora calados á vista de que se cumpriu o acordo parlamentario. En Marea, PSOE e BNG deberían asumir a súa responsabilidade coa sociedade galega e instar aos sindicatos a chegar a un acordo que poña fin a este conflito, demandou.
Galicia pechou abril con 1.103.820 afiliacións á Seguridade Social, 16.386 cotizantes máis ca en abril do ano pasado, e con 112.293 persoas no paro, 3.252 menos que no mesmo mes de 2025. No caso das afiliacións, na comparativa anual aumentan nun +1,51 % e tamén medran na comparativa mensual (+7.944 afiliacións máis, +0,72 %). De feito, en termos intermensuais, trátase do segundo maior aumento, tanto en termos absolutos como relativos, dun mes de abril desde que hai rexistros, despois do acadado o ano pasado. En relación co desemprego, este cae tanto na comparativa anual, cun descenso do -2,81 % como na mensual, neste caso cun recorte do -2,07 %, o que implica 2.377 persoas desempregadas menos con respecto a marzo.