
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, esixiulle ao presidente da Xunta que pase das musas ao teatro, das promesas aos feitos en materia de Igualdade. O responsable socialista anunciou unha ofensiva parlamentaria para someter o aparente cambio de actitude do PP á proba dos feitos.
Así o dixo polo xiro do PP logo da escalada de agravios previa á mobilización do 8-M con Rajoy apelando a non meterse na fenda salarial, Tellado cualificando a mobilización das mulleres de machista e que culminou na sesión de control a Feijóo no Parlamento, espetándolle á oposición que está onde está por non respectar ás mulleres. Criticou a estratexia de Feijóo, que en lugar de discutir propostas, optou por buscar a confrontación.
Fernández Leiceaga apuntou que o presidente da Xunta ten o DOG da súa man para demostrar se o paso da displicencia e a contestación a presentarse moito máis comprensivo é en realidade mera retórica ou un cambio real.
Lembrou así as propostas socialistas para establecer permisos de paternidade e maternidade iguais e non transferibles, un programa de incentivos específicos para o retorno ao emprego despois da maternidade ou revisar a presenza da muller nos postos directivos das empresas públicas. Lamentou que Feijóo no dera conta destas propostas e que no debate parlamentario posterior foran rexeitadas polo PP.
Os socialistas galegos, explicou, incluirán na axenda política a cascada de reivindicacións ben fundadas que están a poñer contra as cordas as políticas do PP en España e Galicia. Apelou así á mobilización das mulleres do pasado xoves, pero tamén ás protestas dos pensionistas que claman contra a súa perda de poder adquisitivo, do persoal da Xustiza reclamando o fin da discriminación co resto do Estado, ou do persoal sanitario.
Apuntou que no próximo Pleno do Parlamento será incluído o debate final da reforma da Lei de Saúde, con propostas razoables por parte dos socialistas das que o PP vai dicir que non. Estarán negándose, dixo, a establecer un catálogo de prestacións sanitarias para garantir que a perda de autonomía dos hospitais non supoña a perda de prestacións.
Fernández Leiceaga anunciou que os socialistas galegos farán bandeira así da igualdade, da recuperación de servizos sociais, de políticas de inclusión ou do combate contra as desigualdades, que ven como quedan á marxe da recuperación económica que o PP ven pregoando dende hai 4 anos.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.