Noticias

La Comisión de Sanidad del Parlamento de Galicia aprueba la modificación de la Ley de Salud ante las críticas de la oposición por un 'rodillo inasumible'

La Comisión de Sanidad del Parlamento gallego aprobó el dictamen del proyecto de Ley de modificación de la Ley de salud de Galicia, paso previo a su aprobación definitiva en Pleno. El portavoz de Sanidad, Aurelio Núñez Centeno, incidió que el nuevo texto legislativo "blinda la existencia de los hospitales comarcales con la creación de distritos sanitarios, consolidándolos como servicio sanitario de futuro en cada una de sus zonas geográficas". El PSdeG dice que el PPdeG aplicó un "rodillo inasumible" en el debate de esta reforma.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

A Comisión de Sanidade do Parlamento galego aprobou o ditame do proxecto de Lei de modificación da Lei de saúde de Galicia, paso previo á súa aprobación definitiva en Pleno. O portavoz de Sanidade, Aurelio Núñez Centeno, incidiu que o novo texto lexislativo “blinda a existencia dos hospitais comarcais coa creación de distritos sanitarios, consolidándoos como servizo sanitario de futuro en cada unha das súas zonas xeográficas”. Núñez Centeno explicou que a modificación da Lei 8/2008 “adapta as áreas sanitarias ao actual ámbito das EOXIs, consolidando o modelo de xestión integrada que predomina na sanidade española e europea”. Así, indicou que a nova norma “cita un por un todos os hospitais comarcais como centros de referencia no seu ámbito territorial”.

“Esta organización territorial non provocará ningún cambio de médico nin de hospital para ningunha persoa, máis ben achegará o servizo sanitario á cidadanía, que recibirá unha atención mais próxima ao seu domicilio, garantindo a potenciación dos servizos e especialidades a nivel comarcal”, apuntou. Así mesmo, Aurelio Núñez avanzou que “mellorará a coordinación entre atención primaria e hospitalaria, cunha cobertura asistencial realizada cos mesmos criterios asistenciais e de derivación entre centros, con protocolos únicos de área, e con maior interactuación de profesionais en ambos niveis asistenciais”.

Neste sentido, o portavoz popular subliñou que “o desenvolvemento das EOXIs xa evitou mais de 260.000 desprazamentos de pacientes nos últimos cinco anos dende os distintos concellos dos comarcais aos hospitais das cidades”. No que respecta á organización por área sanitaria, Núñez Centeno indicou que, “respectando a voluntariedade dos profesionais, axudará a acadar a cobertura das prazas de especialista nos hospitais comarcais diante da posibilidade de traballo en equipo cos hospitais de referencia, regularizará o desprazamento de profesionais entre os distintos hospitais e facilitará a cobertura das posibles ausencias por permisos ou baixas”.

Dentro do eido da participación social, a nova lei desenvolve o Consello Galego de Saúde e os consellos de saúde de área e de distrito; simplifica a regulación dos órganos de participación para facelos máis próximos á representación cidadá, máis realistas e operativos; regula a existencia do Consello Asesor de Pacientes; e considera autoridade sanitaria ao persoal de inspección de servizos sanitarios e de saúde pública, incluíndo como infracción moi grave calquera coacción, ameaza ou agresión ás persoas profesionais da sanidade pública galega.

Ademas, a nova lei regula a colaboración público-privada na investigación, co rexistro de patentes por parte dos profesionais investigadores, a posibilidade de spin-offs públicas e contratos de colaboración coa empresa privada para o desenvolvemento de tecnoloxías, medicamentos ou calquera outro avance que se poda trasladar á cidadanía para a mellora da súa saúde, e que podan xerar emprego de alta calidade e ademais ingresos para o sistema público de saúde.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, denunciou o “rodillo inasumible” do PP no trámite da reforma da Lei de Saúde, que hoxe finalizou o trámite en Comisión e será votada finalmente no próximo Pleno do Parlamento. Criticou que logo de máis de 100 alegacións da sociedade e máis de 100 emendas da oposición, “aceptaron 3 e transaccionaron 1”.

O responsable socialista criticou que o PP se teña negado a garantir os servizos sanitarios e os acusou de “afondar na perda de servizos para establecer cidadáns de segunda e de primeira”. Advertiu que “a garantía de servizos é a nosa obsesión” e por iso presentou unha emenda para establecer un catálogo mínimo que estableza as prestacións sanitarias ás que teñen dereito tódolos galegos e galegas “independentemente de onde residan”.

Torrado sinalou a notable perda da calidade asistencial que sufrirán por exemplo os cidadáns das áreas sanitarias de Salnés, A Mariña, Valdeorras e Monforte, que verán recortados os servizos nos seus hospitais logo de que sexan subordinados ás áreas urbanas.

Apuntou á transacción entre os grupos para garantir o dereito á participación, que “queda por debaixo porque cando chegamos á concreción suprimen a posibilidade de emitir informes sobre os servizos nos hospitais nin na área sanitaria”.

Amosou tamén o seu escepticismo pola aprobación dunha comisión de control da investigación proposta polos socialistas pero sen concretar as funcións nin competencias, e engadiu que “a Xunta non entende a necesidade de controlar os investimentos nin os avances de I+D”.

Torrado criticou que a Lei sexa tramitada “ás agochadas, sen que ninguén o soubera, sen anuncialo nin plantexalo e sen comparecencia previa do conselleiro” e sinalou que “en 11 meses non quixeron falar do asunto”. A pesares diso, subliñou a importante contestación social provocada por esta Lei tanto nas áreas sanitarias abocadas á súa desaparición como na gran manifestación celebrada na capital galega.

R., 2018-03-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-carretilla.jpg) Galicia pechou abril con 1.103.820 afiliacións á Seguridade Social, 16.386 cotizantes máis ca en abril do ano pasado, e con 112.293 persoas no paro, 3.252 menos que no mesmo mes de 2025. No caso das afiliacións, na comparativa anual aumentan nun +1,51 % e tamén medran na comparativa mensual (+7.944 afiliacións máis, +0,72 %). De feito, en termos intermensuais, trátase do segundo maior aumento, tanto en termos absolutos como relativos, dun mes de abril desde que hai rexistros, despois do acadado o ano pasado. En relación co desemprego, este cae tanto na comparativa anual, cun descenso do -2,81 % como na mensual, neste caso cun recorte do -2,07 %, o que implica 2.377 persoas desempregadas menos con respecto a marzo.
Foto de la tercera plana (20260505-xunta.JPG) O evento celebrarase o 8 de xuño e concentrará a máis de 30 chefs con Estrella Michelin, nunha cita que, como definiu o organizador, Rogelio Rial, 'non só pon en valor o talento culinario, senón tamén o noso territorio, o Camiño de Santiago e a capacidade dun lugar como Negreira para acoller un evento deste nivel'. Esta edición homenaxearase ao célebre cociñeiro Juan Mari Arzak e colaborarase coa asociación Art for Dent, reforzando o compromiso social da iniciativa.O director de Turismo de Galicia puxo en valor a conexión entre gastronomía e Camiño de Santiago que impulsa a iniciativa.

Notas

A UDC vén de obter máis dun millón de euros para reforzar a investigación en computación e comunicacións cuánticas no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. Este financiamento, concedido no marco dunha convocatoria impulsada polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Axencia Estatal de Investigación, permitirá dotar ao centro de novas capacidades científicas nun ámbito clave para o desenvolvemento tecnolóxico das próximas décadas.
A Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, conta desde agora cun novo catálogo. Nel recóllense en imaxes e texto dez mostras, de arredor dunha vintena de artistas moi diversos, que foron expostas nos seus muros entre setembro de 2023 e xullo de 2025 no marco do ciclo expositivo Recipro-edadiC, dirixido polo artista en profesor xa xubilado da Universidade de Vigo Javier Blanco Sierra.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES