Noticias

Comienza el proceso electoral en la Universidade de Santiago (USC) con Antonio López como candidato a rector de la institución

La Universidade de Santiago de Compostela (USC) arranca el proceso que culminará con la votación y proclamación del próximo rector de la institución, en un momento en el que solo el profesor Antonio López, quien ya aspiró a la elección en los últimos comicios junto a Juan Viaño, ha confirmado que optará al cargo. Viaño todavía no ha confirmado si se presentará la reelección, pero ha dejado la puerta abierta a su posible candidatura.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la USC:

A publicación do censo provisional abriu o proceso para a elección de reitor ou reitora da USC, a quen a comunidade universitaria deberá elixir nas urnas o próximo 23 de abril, data da xornada de votación. Nesa mesma data elixiranse igualmente os/as representantes no Claustro Universitario da Universidade compostelá.

A publicación do censo definitivo producirase o 14 de marzo, mentres que o período para a presentación de candidaturas en ambos procesos electorais estenderase entre o 15 de marzo e o 2 de abril. Xa o 10 de abril está prevista a proclamación definitiva de candidaturas que dará paso ao desenvolvemento da campaña electoral, entre os días 11 e 19 de abril. Entre o 16 e 20 abril será posible exercer o voto anticipado.

Logo da xornada de reflexión do 20 de abril, a votación para a elección de reitor ou reitora e de representantes a Claustro Universitario celebrarase o luns 23 de abril entre as 10.00 e as 18.00 horas sen prexuízo do disposto para o voto anticipado. A Comisión Electoral determinará os locais de votación unha vez publicado o censo electoral definitivo.

No caso das eleccións de reitor ou reitora da USC, o calendario electoral contempla, se fose necesario, a celebración dunha segunda volta, cuxa votación se produciría o día 14 de maio. O proceso concluiría, neste último suposto, o 24 de maio coa proclamación definitiva do reitor ou reitora electos. De non celebrarse segunda volta, a proclamación definitiva producirase o día 7 de maio.

R., 2018-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES