Noticias

Caballero defiende el nuevo reglamento del PSdeG para elaborar las mejores candidaturas y En Marea se posiciona como alternativa al PPdeG

El secretario general del PSdeG, Gonzalo Caballero, defiende el nuevo reglamento aprobado por el comité federal del PSOE, que ha calificado como "razonable", y ha pedido "aprovecharlo" para que el partido tenga, "con la voz de la militancia y también de la dirección", "las mejores candidaturas posibles" para las elecciones municipales de 2019. Las "mareas locales" analizan estrategias y objetivos para afrontar estos comicios de proximidad como alternativa.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

Máis de 200 persoas inscritas e 60 mareas foron á xuntanza que En Marea celebrou nas xornadas de municipalismo nas catro capitais de provincia galegas. Así, en Santiago, Lugo, Pontevedra e Ourense, déronse cita diversas mareas locais para analizar estratexias e obxectivos de cara ás municipais do 2019.

As persoas inscritas responderon a diversas cuestión, desde a utilidade de que En Marea propicie espazos colaborativos, como debería ser a participación das inscritas, os recursos e loxística que En Marea debe artellar para as mareas municipalistas, como deben ser as fórmulas de colaboración para optimizar os resultados electorais, ata os puntos que deben terse en conta para a elaboración do protocolo de colaboración entre as mareas municipais e En Marea. Tras unha fase de traballo por grupos fíxose unha posta en común que será a base do documento de municipalismo que se presentará no plenario do vindeiro mes.

A vicevoceira de En Marea, Ana Seijas afirmou que á xornada asistiron “máis de 60 mareas e máis de 200 persoas inscritas”. A vicevoceira mostrouse satisfeita porque “cando se abren espazos de participación, a cidadanía responde”. Ao fío disto engadiu que “deste xeito poñemos propostas en común e cooperamos para que a forza das mareas chegue a todos os recunchos do país”. Para Seijas o obxectivo é “abranguer” todo o país porque “en Galicia, hai mareas”.

Pola súa banda, o voceiro de En Marea, Luís Villares sostivo que “o espazo político de En Marea ten no eido municipalista o seu referente máis próximo porque é o lugar no que traballamos día a día colaborando coa veciñanza”. Villares afirmou que “o Partido Popular ten un motivo máis para estar preocupado, porque hoxe reforzamos esa idea de que non nos rendemos, de que estamos aquí para buscar alternativas en clave de dereitos sociais, de dereitos das persoas”. Por outra banda, o voceiro quixo agradecer a todas as persoas inscritas o seu “esforzo” por sentar “alicerces para que En Marea teña unha relación cada vez máis fluída e colaborativa coas mareas galegas”.
Tras a xornada a comisión designada para o plenario de marzo elaborará un documento baseado en todas as aportacións recollidas na xornada.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou no Comité Federal do PSOE no que se aprobou o novo regulamento. Dese documento destacou que combina “mecanismos de democracia representativa”, que permiten “dar goberno” ao partido, con ferramentas de “democracia participativa”, que afondan na capacidade de aportación da militancia.

Non en van, comentou que el mesmo tratou o asunto co líder do PSOE, Pedro Sánchez, para definir un partido “máis aberto” pero coa facultade de que a dirección poida construír equipos e “deseñar unha proposta de cambio no país”.

E é que, como explicou aos xornalistas Gonzalo Caballero, a “ampla participación das bases” ten que conxugarse coa “lexitimidade e responsabilidade” que teñen os órganos do partido, nomeadamente a executiva que encabeza Pedro Sánchez, de “acadar un PSOE máis forte” e “capaz de lograr un cambio de goberno” no conxunto do país.

Tras resaltar que o PSdeG é “un exemplo de partido moi aberto”, pois os militantes teñen “moita participación e moito peso” -como mostra a composición do Comité Nacional-, o líder dos socialistas galegos puxo o foco na relevancia do cambio político.

Así, recalcou que o PSOE “está asentado como principal forza política na esquerda” e como “alternativa ao goberno de Mariano Rajoy”. Mentres forzas denominadas ‘emerxentes’ xa están “en retroceso electoral”, proseguiu, os socialistas teñen que estar “na vangarda das ideas, das persoas e os proxectos”. “Para que non ocorra que que outra forza de dereitas tente aparecer como relevo da dereita actual”, finalizou.

R., 2018-02-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES