
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
Así o dixo logo dun encontro co portavoz socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, e os representantes do PSdeG no organismo que foi constituído hoxe na sede do Consello Económico e Social. Reclamou políticas públicas para que as unidades familiares poidan tomar a decisión de ter fillos xa que, dixo, cos niveis salariais actuais non podemos pedirlle heroicidades á sociedade. O responsable socialista debullou as liñas mestras das aportacións socialistas neste órgano dende unha perspectiva positiva e tendo en conta que o envellecemento é un éxito da sociedade, pero que o problema é a baixa natalidade.
Criticou o problema da dereita, que historicamente é moi pronatalista, pero ao mesmo tempo favorable a unha dinámica económica para sociedades duais low cost segmentadas por xénero e idade que dificultan a maternidade. Alertou así da precarización labroal e dun enfoque asistencialista das políticas sociais que non van ao fondo do problema.
Así o dixo logo da constitución do Observatorio e dos cinco grupos de traballo, para os que os socialistas galegos designaron á doutora en Socioloxía Obdulia Taboadela Emigración/Inmigración-, o alcalde de O Carballiño Francisco Fumega Envellecemento-, a deputada Noela Blanco Apoio ás familias-, o ex conselleiro e ex deputado Francisco Sineiro Medio Rural-, e a representante de Xuventudes Socialistas Paula Castiñeiras Xuventude-.
A doutora en Socioloxía Obdulia Taboadela advertiu que hai folga de úteros polas dificultades de ter fillos, para reclamar a continuación políticas que faciliten a maternidade e a paternidade seguindo a liña marcada polos países europeos que nos levan vantaxe.
Reivindicou vontade política e valentía para afrontar os retos, preguntarlle á xente como quere vivir e por que non teñen fillos e poñer en práctica medidas como, apuntou, facilitar a incorporación ao mercado laboral das mulleres ou subir os salarios. Reclamou unha mellor perspectiva laboral para as mulleres e que permita frear a fuxida de mozos por falta de traballo.
Apuntou a políticas de corresponsabilidade dirixidas aos varóns pero tamén ás ao empresariado e ás institucións públicas, como baixas de maternidade e paternidade máis longas.
Taboadela reclamou políticas fiscais de impulso da natalidade con descontos, oportunidades, axudas para garderías ou coidados na casa e, en definitiva, o apoio á natalidade a partir de constituír familias máis iguais, que está comprobado que terminan sendo máis proclives a ter fillos.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.