
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
A deputada do Bloque anunciou que pedirá explicacións no Parlamento, porque é cada vez máis evidente que Feixóo e Raxoi apuraron unhas obras que non estaban rematadas para que a concesionaria subise as peaxes, e iso implica un perigo para a circulación e para os traballadores da ampliación de Rande, salientou Pontón, quen indicou que o BNG mesmo analiza se é posible emprender accións legais polo feito de que o Goberno recepcione unhas obras inacabadas poñendo en risco a seguridade viaria e a dos traballadores.
Pontón pregúntase onde está a famosa comisión bilateral Xunta-Fomento para determinar as responsabilidades en situacións como as derivadas do peche dos novos carrís de Rande. É un auténtico abuso porque estamos pagando por unhas obras que nin sequera están finalizadas, un novo atraco aos petos dos e das galegas mentres AUDASA segue facendo caixa dándonos un servizo de terceira, xa está ben de escarnio e de asumir que a concesionaria pode facer o que lle pete grazas á complicidade dos gobernos central e galego.
A portavoz nacional considera que chegou o momento de pararlle os pés a AUDASA e, á vista dos feitos, non ten dúbida de que o veto a transferencia faise coa complicidade de Feixóo. Só así se explica unha subida das peaxes na AP9 que triplica á medida estatal para unha autoestrada requeteamortizada, mentres se rescatan as radiais madrileñas pagando con cartos tamén dos e das galegas o desfase do PP, e despois de rescatalas vanse volver vender as mesmas concesionarias desas radiais. E un timo permanente ao noso país, xa está ben de tomarnos o pelo e todo coa complicidade de Feixóo
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, advertiu que o anuncio do ministro de Fomento de manter o bloqueo á transferencia da AP-9 revela o fracaso de Feijóo na súa suposta estratexia de defensa dos intereses de Galicia.
Lamentou que a devaluación do presidente galego chegue ata o punto de que o goberno mantén o bloqueo á transferencia da AP-9 a Galicia mesmo despois de recoñecer o seu filibusterismo parlamentario e anunciar o desbloqueo das Leis paradas na Mesa do Congreso. Resumiu que a presión da realidade obriga a rectificar, pero o escaso peso de Feijóo é insuficiente para que esta rectificación chegue á transferencia.
Fernández Leiceaga criticou que todos os galegos e galegas temos que pagar hoxe esta nova labazada do goberno de Rajoy como prezo dun presidente devaluado e ineficaz para defender en Madrid e diante do seu mesmo partido unha iniciativa que el mesmo aprobou en Galicia.
Criticou a ineficacia demostrada polo presidente da Xunta tanto para conseguir o desbloqueo da transferencia como para evitar que lle suban as tarifas da peaxe aos usuarios desa vía.
Lembrou que, con Feijóo como conselleiro de Política Territorial, en 2003, o goberno ampliou a concesión durante 25 anos, e sendo el presidente da Xunta, en 2012, a ministra Ana Pastor refrendou e ampliou o convenio coa concesionaria para subirlle o IVE ás autoestradas, retirarlle a bonificación do 7 por cento e comprometendo a suba das peaxes que hoxe padecemos.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.