
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:
A incapacidade política de Feijóo rematará por situar a Galiza no furgón de cola do financiamento autonómico. A irrelevancia do noso financiamento vai ser directamente proporcional á irrelevancia política de Feijóo denunciou Antón Sánchez.
Desde 2009, a Galiza aplicóuselle sen piedade o receitario ´austeritario neoliberal` e Galicia, xunto coa Comunidade de Madrid, é unha das comunidades autónomas que sufriu máis recortes en servizos públicos e, malia a brutal caída do gasto autonómico, a débeda pública seguiu aumentando (de 4.859 millóns en 2009 medrou ata os 11.137 millóns no terceiro trimestre de 2017).
Para o vicevoceiro parlamentario de En Marea, Feijóo decidiu endebedarse cos bancos en vez de recorrer ao financiamento público para non dar a imaxe dunha Galiza financeiramente intervida polo Estado, o que significou aceptar un sobrecuste dos prestamos bancarios para o pago da débeda de varios centos de millóns.
Este sobrecuste traduciuse nunha retallada dos orzamentos públicos en servizos fundamentais para a cidadanía galega. Feijóo decidiu impoñer maiores sacrificios aos galegos e galegas para sacar peito como o campión da austeridade, a factura do seu postureo electoral pagámola cunha mingua de servizos públicos e de benestar afirmou Sánchez.
Pola soberbia do goberno do PPdeG, Galiza só comezou a beneficiarse dos fondos tardiamente, concretamente, en 2015 solicitáronse 1.567 millóns de euros do fondo de Facilidade Financeira, de tal forma que, dos 131.073 millóns de euros postos a disposición das CCAA nese período, a Xunta de Galicia só solicitou 1.567 millóns de euros, cifra que apenas chega ao 1.2 por cento. Como consecuencia, Galicia é das comunidades autónomas que menos se beneficia dos aforros xerados por estes fondos: Galicia, no período 2012-2016, representou o 0,19 por cento dos aforros totais xerados. A gloriosa xestión de Feijóo para enfrontar a débeda pública supuxo pagar préstamos máis caros ao bancos declarou Sánchez.
A situación financeira de Galiza leva camiño de agravarse aínda máis agora que o ministro Montoro apunta unha mais que probable quita na débeda que as comunidades autónomas contraeron coa administración do Estado a través dos diferentes mecanismos extraordinarios de financiamento. Galicia, sendo unha das que mais recortes fixo e que mais oposición amosou a participar nestes mecanismos de financiamento, vai contarse entre as comunidades autónomas máis prexudicadas pola reestruturación da débeda.
A pegada negativa que tivo a xestión austeritaria de Feijóo sobre a débeda e sobre a solidez financeira de Galiza verase acrecentada de ter continuidade o conformismo da Xunta na mesa de negociación do novo modelo de financiamento autonómico asegurou.
Para o vicevoceiro de En Marea no Parlamento Feijóo inviste en mansa submisión para que os xerarcas do PP na capital lle pasen a man polo lombo e coa idea de mellorar a súa carreira no partido sacrifica toda aspiración de Galiza a un financiamento xusto.A servicial disposición de Feijóo faille renunciar a unha maior soberanía fiscal como garantía de desenvolvemento económico e duns servizos públicos financeiramente reforzados e o presidente da Xunta aplaude como válido o actual modelo de financiamento autonómico e tan só solicita uns tímidos cambios no cálculo da poboación axustada engadiu.
Mentres o Goberno do PP deseña un novo modelo financeiro e político recentralizador, moito máis regresivo, para enfrontar as demandas das comunidades autónomas que teñen unha actitude máis decidida e reivindicativa, Feijóo cruza os dedos para que, tras a reforma, Galiza quede como está. O vicevoceiro de En Marea no Parlamento concluíu afirmando que Feijóo non ten maior ansia que manter o actual status de insuficiencia financeira de Galiza e disimular a súa absoluta falla de peso e relevancia política orquestrando unha fronte de gobernos mansos con Castela e León e Asturias.
Fotografía: archivo GD/Xunta de Galicia.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.