Noticias

El PSdeG intenta paralizar la tramitación de la nueva Ley de Salud de Galicia y el BNG reclama la gestión de la Seguridad Social

El PSdeG anuncia que buscará paralizar la tramitación de la nueva Ley de salud de Galicia con la presentación de una enmienda de totalidad o devolución, es decir, una petición para que el texto no llegue a iniciar su tramitación parlamentaria y la Xunta vuelva a presentar un texto distinto. Por su parte, el BNG reclama para Galicia la gestión del sistema de Seguridad Social, con el objetivo de recaudar todos los impuestos de las empresas con sede en la comunidad. Pide también medidas para incrementar las pensiones que cobran los gallegos, las segundas más bajas.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, presentou a emenda de devolución á reforma da Lei de Saúde de Galicia que, dixo, supón a concentración de servizos e a redución de áreas sanitarias e da participación cidadá na sanidade pública. Apuntou que “non é unha boa noticia” que vai “no sentido contrario” á defensa dun servizo público de calidade.

O responsable socialista explicou que esta norma supón “un paso máis” na redución de servizos sanitarios e na consolidación dunha “sanidade de segunda” para o común da cidadanía. Explicou que a decisión do goberno galego de modificar a Lei en vigor “pon en risco a saúde dunha parte da poboación”.

Subliñou que a norma provocará a concentración de servizos nas cabeceiras urbanas, ademais de suprimir as áreas sanitarias de A Mariña, O Salnés, Lemos e Valdeorras, reducindo tamén a participación da cidadanía nas cuestións relacionadas coa saúde. Ao reducir as funcións do Consello Galego de Saúde e dos consellos de área, furtando “a posibilidade de participación social e o control das decisións en materia sanitaria”.

Fernández Leiceaga apelou ao informe do Consello de Contas, quen a instancias do Parlamento –por proposta do PSdeg-PSOE- fiscalizará as consecuencias económicas da modificación da Lei e que, dixo, “agardamos que chegue antes de que teñamos que presentar as emendas parciais” á Lei.

O responsable socialista lamentou que a “debilidade política” de Feijóo e a “incomprensión” do Ministerio de Fomento fagan “encallar” a “inxustiza histórica” que supón a desconexión de Galicia co corredor europeo de mercadorías por ferrocarril. Así o dixo logo de que a semana pasada se coñecera a aprobación pola Comisión Europea da alteración do mapa para conectar Pamplona e Zaragoza.

Galicia queda de novo á marxe do corredor, co que os portos de Vigo e A Coruña deberán agardar a lo menos ata 2027 para comezar coa tramitación, “demasiado tempo”, explicou, que suporía que a conexión coa rede europea se retrasará “ata mediados da década dos 30”.

O anuncio de Fomento da semana pasada ven demostrar, dixo, que os argumentos do Ministerio para excluír Galicia son “falsos”, e que “era posible facelo, pero Galicia queda fora” polo escaso interese do Goberno central e a baixa relevancia do presidente galego.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG demanda blindar o sistema público de pensións porque, a diferencia do discurso interesado do PP e da banca, é viable e o único capaz de garantir unha pensión digna tras unha vida de traballo, de garantir a solidariedade interxeracional e de garantir o reparto da riqueza. En definitiva, o único que permite “ter un mínimo de xustiza social”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón.

Para iso, e ante o enésimo debate sobre o futuro do sistema público de pensións, o Bloque pon sobre a mesa unha batería de propostas. En primeiro lugar, reclamar para Galiza a xestión da Seguridade Social, como xa contempla o Estatuto de autonomía, e demandar que as empresas, todas e cada unha, con centro de traballo en Galiza paguen os impostos e as cotización sociais aquí.

“Ademais de axudar a combater a fraude, daría unha foto máis real da situación da aportación ao sistema e permitiría unha xestión de proximidade máis eficaz, porque hoxe hai moitas empresas que non cotizan aquí e que mesmo os seus traballadores e traballadoras non aparecen como cotizantes aquí”, salientou Pontón. A formación nacionalista propón tamén recuperar a idade de xubilación aos 65 anos e replica a ministra Fátima Báñez coa proposta de que o cómputo da pensión se realice en base aos 15 mellores anos da vida profesional dos e das traballadoras.

Igualmente, o Bloque reclama limitar as xubilacións anticipadas, -“porque están a ser utilizadas polas empresas como un mecanismo de regulación de emprego”-, e propón incrementar as pensións non contributivas que en Galiza afectan a 40.000 persoas cunha prestación tan baixa que as coloca en risco de exclusión social, cunha contía media de 377 euros. “É unha realidade social que hai que atender con urxencia”, expuxo a dirixente nacionalista.

Para iso, o BNG propón como medida subir en 100€ mensuais a aportación galega a este tipo de prestación, “algo perfectamente posible porque supón incrementar en 40 millóns de euros o fondo de pensións non contributivas”.

A formación nacionalista pecha o seu paquete de medidas propoñendo “clarificar” as fontes de financiamento do sistema público de pensións, en particular “o financiamento procedente das rendas do capital”, en relación ás grandes empresas e á banca con grandes beneficios e propón que, se os ingresos vía cotizacións non son suficientes, se utilicen os orzamentos públicos para garantir o sistema.

Pontón chamou a atención sobre o feito de que Galiza ten as segundas pensións máis baixas de todo o Estado, con 892,18€ ao mes fronte aos 1.071€ da medida estatal. “Isto significa que cada persoa pensionista galega perde 2.145 euros ao ano, unha cantidade astronómica para os maiores e para moitas familias que teñen nas pensións a súa única fonte de ingresos, unha realidade social do noso país que é un logro máis da política social de Feijóo”, denunciou.

O diferencial entre os e as pensionistas galegas cos do resto do Estado non fixo senón aumentar nos últimos anos, un 15% desde a chegada de Feijóo á Xunta en 2009, e para corrixir esta situación o BNG propón “un sistema público de pensións galego, solidario e con suficiencia financeira” porque é a única maneira de garantir “unha pensión digna tras unha vida enteira de traballo”, concluíu Pontón, quen tamén fixo fincapé na necesidade de favorecer a creación de emprego de calidade como mellor vía para garantir ingresos que paguen as pensións. “Un plan de emprego extraordinario para crear postos de traballo de calidade apostando por reactivar os sectores produtivos e por potenciar a I+D+i”.

R., 2018-01-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (radio-na-biblio.jpg) O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüísticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxías da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Foto de la tercera plana (aitor-martinez.jpg) Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de Artesanía 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornería de madeira, resultou gañador na categoría Produto e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o recoñecemento na categoría Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'Artesanía no Prato'.

Notas

O encontro 'Tecnoloxía en galego: resultados de ILENIA– Proxecto Nós' serviu para dar a coñecer os resultados dos últimos tres anos de traballo do Proxecto Nós no marco de ILENIA, unha iniciativa orientada a avanzar en recursos e capacidades en tecnoloxías lingüísticas, en particular para as linguas do Estado. Datos, casos de uso e ferramentas abertas de tradución automática, síntese de voz e modelos lingüísticos en galego déronse a coñecer neste foro que se desenvolveu no Centro de Estudos Avanzados.
O Centro de Arte Fundación Maria José Jove (FMJJ) en colaboración con Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña (UDC), celebran hoxe xoves a terceira edición do encontro Dentro–Fora, que se enmarca no programa de residencias artísticas que ambas as institucións desenvolven conxuntamente.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES