Noticias

En Marea y BNG responsabilizan a la Xunta del colapso del sistema sanitario gallego y piden que se aumenten los recursos

Los partidos de la oposición, En Marea y BNG, colocan el tema sanitario entre las prioridades de su agenda política y coinciden en responsabilizar al Gobierno de la Xunta de la situación que En Marea califica de "colapso" y para la que el BNG reclama una inversión de más de 200 millones de euros. En Marea anuncia que apoyará las movilizaciones convocadas por SOS Sanidade Pública contra la nueva Ley de Salud de Galicia.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O voceiro de En Marea Luís Villares e maila deputada e voceira de Sanidade no Parlamento Eva Solla reuníronse esta tarde coa Plataforma SOS Sanidade Pública, unha xuntanza na que lle trasladaron o apoio de En Marea ás mobilizacións convocadas para esixir a retirada do anteproxecto de Lei de Saúde de Galicia.

“Non existe un colapso de Urxencias, existe un colapso do sistema sanitario galego e o responsable dese colapso non é unha gripe calquera, é a gripe do goberno de Feijóo, que mediante a privatiación dos servizos sanitarios e mediante o recorte, sobre todo en materia de persoal, está provocando un deterioro absoluto da calidade do servizo que está producindo tamén un deterioro da saúde das galegas e galegos”, sinalou Villares, “por iso estamos convencidos de que a única maneira de frear isto é apoiando as mobilizacións en contra da reforma da Lei de Saúde de Galicia, que encobre unha privatización e unha merma da calidade do servizo que afecta ao conxunto da poboación”.

Pola súa banda, o voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, agradeceu o apoio expresado por En Marea. “Cremos que estamos nun momento clave para o sistema sanitario, a política de contrarreforma do sistema e algunha das medidas que queren poñer en marcha o goberno de Feijóo poden significar a crise definitiva do sistema sanitario público en Galicia”, indicou Martin, que considera que “estamos nun momento chave e por iso facemos un chamamento á poboación, a toda a xente por enriba da súa ideoloxía para que respalden as mobilizacións”.

O día 24 de xaneiro haberá concentracións en todas as áreas sanitarias organizadas por cada unha das plataformas e o día 4 de febreiro haberá unha gran mobilización pola mañá en Santiago de Compostela. “As demandas serán a retirada do decreto que supón modificar a Lei Galega de Saúde e a defensa da sanidade pública porque vemos como os recortes impostos polo actual goberno puxeron en perigo a atención sanitaria da cidadanía”, lembrou o voceiro de SOS Sanidade Pública, que cuestionou as políticas recentralizadoras en materia de sanidade do goberno de Feijóo.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional, Ana Pontón, cualifica de cínico ao presidente da Xunta cando admite que hai un problema co colapso das urxencias hospitalarias pero obvia que é unha consecuencia dos recortes aplicados polo PP á sanidade pública, que supuxeron a perda de 3.000 profesionais e unha diminución acumulada desde 2009 de 2.000M€ só en atención primaria.

O BNG considera que é precisamente o derrube dos recursos en atención primaria o que está detrás do colapso das últimas semanas, e por iso propón un incremento inmediato dos recursos cunha modificación orzamentaria urxente de 223M€, un 19%, simplemente para recuperar a contía previa á chegada de Feijóo á Presidencia. Así, en 2009, atención primaria contaba cun orzamento de 1.437M€, mentres que nos orzamentos de 2018 esa cifra caeu a 1.214M€.

“As enquisas recollen que a valoración da sanidade galega cae, indicador do problema que está xerando o modelo sanitario de Feijóo consistente en privatizacións, recortes e precarización da sanidade”, indicou Pontón, quen salientou que “cando se recoñece un problema nunha democracia madura, os responsables do caos deben dimitir ou ser cesados”, empezando pola dirección do SERGAS, “e poñer en marcha un cambio de rumbo”.

“O que resulta indigno, unha falta de respecto coas persoas doentes é a resposta de Feijóo con ocorrencias como propoñer amorear aos pacientes na habitacións como se fosen caixas de sardiñas”, recriminou a dirixente do Bloque, quen reclamou ao presidente galego “que poña fin aos recortes que matan, ás contrarreformas que atentan contra o dereito á saúde e que tome nota de que os colapsos nas urxencias en inverno se solucionan no verán con máis medios técnicos e humanos na atención primaria”.

Para reverter a situación derivada dos recortes e do proceso de privatización do PP, o BNG pídelle ao Goberno da Xunta “menos ocorrencias, menos faltas de respecto e máis medidas reais para poñer en marcha un cambio no sistema sanitario”, como as que formula a formación nacionalista. Ademais da modificación orzamentaria de 223 millóns de euros, propón a retirada da contrarreforma da Lei de Saúde de Galiza e un Plan de mellora da atención primaria consensuado con todos os axentes implicados.

Ese plan de mellora, explicou Pontón, debe recoller cinco medidas concretas. En primeiro lugar, incrementar o número de profesionais das diferentes categorías para acabar coa masificación dos cupos, de tal xeito que cada facultativo teña un máximo de 1.250 tarxetas sanitarias. Segundo, mellorar os equipamentos nos centros de saúde, como terceira medida suprimir as limitacións ás probas diagnósticas por parte do persoal de atención primaria, cobertura do 100% das baixas e, finalmente, poñer en marcha un proceso de formación que se adapte ás necesidades reais do SERGAS, tendo en conta que o 53% dos e das médicos superan os 55 anos.

O Bloque ten claro que hai que reverter a situación de recortes e de privatizacións consumada polo PP ao longo dos últimos anos, que está provocando que de novo milleiros de persoas saían ás rúas en defensa dunha sanidade pública de calidade, universal e gratuíta. Neste sentido, Pontón instou a unha participación masiva na mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública prevista para o vindeiro 4 de febreiro.

“Unha mobilización que apoiamos desde o BNG ao tempo que facemos un chamamento á cidadanía a implicarse, para lanzar unha mensaxe clara ao Goberno de Feijóo reclamando a retirada da contrarreforma sanitaria aprobada en solitario polo PP e en defensa da sanidade pública”.

R., 2018-01-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES