Noticias

Melchor, Gaspar y Baltasar protagonizan la Cabalgata Internacional de los Reyes Magos en la Eurociudad el viernes 5 de enero de 2018

La Eurocidade Tui-Valença tiene todo preparado para recibir el viernes, 5 de enero, a los Reis Magos de Oriente (Melchor, Gaspar y Baltasar) que protagonizan un año más la Cabalgata Internacional entre los dos municipios de dos países en una comitiva formada por más de 150 personas que recorren 3.5 kilómetros entre Valença (Portugal) y Tui (Galicia).

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Tui:

A Eurocidade Tui-Valença ten todo preparado para recibir o venres, 5 de xaneiro, aos Reis Magos de Oriente que protagonizarán un ano máis a Cabalgata Internacional entre os dous municipios de dous países nunha comitiva formada por máis de 150 persoas.
A saída está prevista ás 17 hora española dende o Albergue de Peregrinos de San Teotonio en Valença, onde se iniciará o percorrido de 3,5 quilómetros, que rematará dúas horas despois, ás 19 h, no Paseo da Corredoira en Tui fronte ao Seminario Menor.

A rondalla do Centro Cultural “O Mosteiro” de Pexegueiro será a encargada de encabezar a comitiva real, seguida do tren turístico da Eurocidade e dun camión dos Bombeiros Voluntarios de Valença. A continuación irán as carrozas elaboradas polas Asociacións Culturais “Arume” de Malvas, “Lembranzas da terra” de Guillarei, “Aloia” de Pazos de Reis e “Xuntanza” de Randufe. Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados dos seus paxes, irán nas súas respectivas carrozas elaboradas polo persoal do Concello de Tui. Pechará a comitiva un segundo camión dos Bombeiros Voluntarios de Valença e unha ambulancia.

Por noveno ano consecutivo o punto de partida será no Albergue de Peregrinos de Valença na rúa José María Gonçalves, para continuar polas avenidas dos Bombeiros Voluntarios e de Espanha, e atravesar a Vella Ponte Internacional, un dos momentos emblemáticos desta Cabalgata. Xa en Tui o percorrido proseguirá pola avenida de Portugal, rúas Martínez Padín e Augusto Gonzáles e rematará no Paseo da Corredoira, fronte ao Seminario Menor. Os últimos 250 metros do percorrido, por cuestións de seguridade, estarán vallados a cada lado.

No Belén Vivinte que, por terceiro ano estará situado na carpa de 40 x10 metros, diante do seminario os reis Magos farán a súa ofrenda e darán lectura á mensaxe real. Tanto no seu percorrido coma xa na carpa Melchor, Gaspar e Baltasar agasallarán con caramelos libres de alérxenos e no remate recibirán a todos os nenos que desexen saudalos.

Se repartirán 1.250 quilos de caramelos, dos 500 sin gluten se repartirán no traxecto por Valença, e 750 libres de alérxenos no percorrido por Tui.

NoticiaAnte a inestabilidade da climatoloxía a organización da Cabalgata baralla dúas opcións alternativas no caso de que non se poida realizar o percorrido ao completo. A primeira delas será acurtar o traxecto que sairía da rúa Coruña en Tui e remataría igualmente na Corredoira, e a segunda suspendería a Cabalgata en sí, pero mantería a recepción real ao cativos na carpa instalada diante do seminario. A decisión final tomarase o venres ás 12h será comunicada ese mediodía.

Xa o venres pola mañá as súas Maxestades os Reis Magos, xunto á Rondalla do Centro Cultural “O Mosteiro” de Pexegueiro, visitarán aos maiores da residencia Paz e Ben, ás 10.45h, e da residencia San Telmo, ás 11.50h.
A Cabalgata Internacional de Reis está organizada pola Concellería de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente do Concello de Tui conxuntamente coa Cámara Municipal de Valença, dentro das actividades da Eurocidades Valença-Tui. Colaboran a Radio Municipal de Tui, o Grupo Scout Alhoia, a Policía Local e as Asociacións Culturais “Arume” de Malvas, “Lembranzas da terra” de Guillarei, “Aloia” de Pazos de Reis e “Xuntanza” de Randufe por parte tudense, e a GNR e Bombeiros Voluntarios de Valença, e protección civil de Valença.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del Concello de Tui

R., 2018-01-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (morris-antonioduran.jpeg) A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas acordou conceder o Premio Xiria ao Labor Teatral 2026 ao actor Antonio Durán ‘Morris’ (Vigo, 1959). A organización da Mostra outorga este galardón en recoñecemento á súa dilatada traxectoria profesional, tanto no eido da comedia como do drama, 'cunha capacidade creativa excepcional que lle permite interpretar personaxes complexos ou populares e conmover aos públicos máis diversos'. O actor recibe cunha 'alegría tremenda' este galardón, 'sobre todo vindo de xente que comparte o camiño que eu recorrín'.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaxe.jpg) A débeda pública de Galicia representa só 3,52 % do total da débeda do conxunto das comunidades, o mellor dato de toda a serie histórica, que comeza no ano 1994. Ademais, a ratio de débeda PIB galega sitúase no 13,9 %, fronte ao 20,2 % da media autonómica e por baixo das previsións iniciais contidas nos Orzamentos 2025, que eran do 14,1 %. Tamén desde o ano 2020 Galicia formaliza unha parte cada vez máis significativa do seu endebedamento en formato sustentable, a través de préstamos e emisións de bonos.

Notas

Especialistas de dez países, desde Canadá ata Xapón, pasando por Francia, Bélxica ou Noruega, participarán o 24 e 25 de abril en Vigo no congreso internacional Escrituras potenciais: o ordinario e o infraordinario, unha cita coorganizada entre as universidades de Vigo e Sorbonne Nouvelle polos profesores e destacados especialistas Hermes Salceda e Alain Schaffner, figuras claves no estudo da narrativa contemporánea francesa.
A Universidade da Coruña celebrou hoxe a constitución do seu novo Consello de Goberno, logo da súa renovación para adaptalo aos Estatutos da UDC e en liña co marcado pola LOSU. Logo de rematados os diversos procesos electorais desenvolvidos nas semanas anteriores, este Consello de Goberno queda conformado por un total de 63 membros, 34 homes e 29 mulleres.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES