
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O Parlamento de Galicia aprobou a proposición non de lei impulsada polo Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a intensificar a colaboración cas entidades locais que integran a rede de concellos en contra da violencia de xénero, de cara a conseguir unha maior efectividade dos recursos e procurar desenvolver conxuntamente accións no ámbito da sensibilización e a prevención; da información sobre os recursos e servizos existentes; da formación, tanto de profesionais como de persoal político; e da asistencia ás vítimas.
A portavoz de Igualdade, Marián García Míguez, situou o traballo conxunto como pulso contra a violencia de xénero, e de aí esta proposición non de lei dirixida a intensificar a colaboración coas entidades locais que integran a rede de concellos contra a violencia machista. Neste sentido, lamentou que En Marea, PSdeG e BNG rexeitaran apoiar esta proposta en positivo, co único obxectivo de amosarlle á sociedade galega que estamos todos os grupos parlamentarios apoiando ás vítimas de violencia de xénero.
García Míguez explicou que as mesas locais de coordinación institucional contra a violencia de xénero son un instrumento operativo onde están representados todos os ámbitos municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero.
Os seus obxectivos son moi concretos: a detección precoz dos casos; optimizar a coordinación dos axentes implicados; ofrecerlles unha atención e unha resposta áxil ás vítimas; mellorar a protección nos casos que presenten alto risco; e informar e sensibilizar na materia tanto a profesionais como á sociedade, concretou.
Na actualidade, a rede galega de entidades locais contra a violencia de xénero conta con máis de 178 concellos adheridos, dos que 67 teñen constituída a mesa local de coordinación.
Por outra banda, o Grupo Popular tamén apoiou no Pleno a aprobación dunha proposición non de lei do Grupo Socialista a través da que se solicita ao Goberno central que cumpra e axilice na medida do posible os prazos establecidos para a implantación do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, ao tempo que poña en funcionamento as medidas adoptadas, especialmente aquelas que teñen que ver coas entidades locais e o papel que lles corresponde no ámbito da atención e protección das mulleres vítimas, as súas fillas e fillos.
Nesta proposición non de lei tamén se incorpora a solicitude ao Goberno central para que de maneira urxente active e traslade as partidas orzamentarias acordadas para a execución dos acordos do Pacto de Estado ao conxunto das administracións implicadas: comunidades e cidades autónomas, deputacións provinciais, cabidos insulares e concellos.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O Pleno do Parlamento aprobou a proposición non de Lei do Grupo Socialista, para reivindicar o cumprimento coas medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. A portavoz de Igualdade, María Pierres, presentou esta proposta para, dixo, facer o comprometido, e facelo canto antes, como instrumento complementario á lexislación e coa correspondente dotación orzamentaria.
A proposta pide a posta en marcha das medidas adoptadas no dito Pacto de Estado. Sinala así especialmente aquelas que teñen que ver coas entidades locais e o papel que lles corresponde no ámbito da atención e protección das mulleres vítimas e as súas fillas e fillos, e reclama as partidas orzamentarias acordadas para o seu cumprimento.
Pierres chamou hoxe a facer que o que é un problema de Estado, que conlevou un Pacto de Estado, non sexa agora un fracaso de Estado, e lembrou que se trata dun problema que afecta a todos e a todas.
Advertiu que os métodos de protección das vítimas son insuficientes e ineficaces como demostra que se fracase na orde de protección dunha muller que solicita amparo e axuda, e que ese fracaso se materialice co seu asasinato. Preguntou como vamos trasladar a mensaxe de que é preciso denunciar se un 20 por cento das mulleres asasinadas en 2016 denunciaran previamente, e un 11,4 tiñan unha orde de protección en vigor.
A deputada socialista lembrou que a día de hoxe, oficialmente son 44 as vítimas de violencia de xénero, as mesmas que en todo 2016 e que agochan un dato absolutamente demoledor e desalentador. Aludiu a que no que vai de ano teñen sido asasinados oito menores a mans dos seus pais -un deles galego-, por un asasinado en 2016.
Sinalou que os equipos de forzas de seguridade que atenden ás vítimas con protección son insuficientes e incapaces de asegurar esa vixilancia de agresor e velar pola seguridade das vítimas. Ese é o caso, dixo, no que podemos entender mellor a importancia de investir, e de facelo de urxencia e o mesmo, engadiu, hai que trasladalo á prevención, á formación e á especialización dos axentes do proceso de atención ás vítimas.
Texto da iniciativa aprobada:
-O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a solicitar do Goberno do Estado:
1.- Que se cumpran e axilicen na medida do posible os prazos establecidos, dado que o pacto de estado contra a violencia de xénero significa loitar contra un gravísimo asunto que afecta á seguridade das mulleres como cidadás.
2.- Que poña en funcionamento as medidas adoptadas no pacto de estado contra a violencia de xénero, especialmente aquelas medidas que teñen que ver coas entidades locais e o papel que lles corresponde no ámbito da atención e protección das mulleres vítimas, as súas fillas e fillos.
3.- Que de maneira urxente active e traslade as partidas orzamentarias acordadas para a execución dos acordos do pacto, ao conxunto das administracións implicadas: comunidades e cidades autónomas, deputacións provinciais, cabildos insulares e concellos.
4.- Dar traslado desta proposición e a súa aprobación ao presidente do Goberno, á ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, así como ao conxunto de ministerios implicados.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del PSdeG
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.