
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
A responsable de Acción Feminista e deputada do BNG, Noa Presas presentou os tres carteis coas preguntas: Ameazáchela, dubidas se ela quería sexo ou espiaches o seu móbil, para poñer o acento en prácticas habituais que constitúen situacións de violencia contra as mulleres.
A parlamentaria explicou que o no día contra a violencia de xénero, as campañas van dirixidas ás vítimas pero, nesta ocasión, dende o BNG queremos dirixirnos aos agresores porque, a violencia machista non son só as hostias e os golpes, non son unicamente as mortes, as raíces do patriarcado son moito máis complexas e están presentes en accións moi cotiás e moi normalizadas.
Para o BNG, o combate contra o terrorismo machista é unha prioridade que debe estenderse aos 365 días do ano e hoxe a nosa campaña vai dirixida á toda a sociedade a través de mocións nos concellos nos que temos representación, propostas parlamentarias e unha intensa axenda de actos nas cabeceiras das comarcas. Neste sentido, instou á Xunta a non desperdiciar a oportunidade de destinar o 1% dos orzamentos para loitar contra a violencia machista no próximo debate dos orzamentos que se celebrará non Parlamento galego nas vindeiras semanas.
En xeral, as campañas van dirixidas ás vítimas, ou potencialmente vítimas do terrorismo machista e descansan todo o peso en como defenderse desa violencia pero dende o BNG queremos poñer o foto en quen exerce esa violencia e quen a deixa pasar, a ese sector é ao que queremos diriximos, reiterou.
Por outra parte considerou que as campañas deben denunciar a tolerancia coa violencia e criticou que trala violación grupal a unha moza nas festas de San Fermín os cinco implicados que se denominan A manada lancen mensaxes cuestionando a conduta da vítima para xustificar o acto salvaxe que cometeron con ela. Non podemos permitir esta tolerancia, recalcou Presas.
Dende hai sete anos en Galiza rexistráronse 55 feminicidios, o 60% no ámbito íntimo e o 40% fora da parella, estes datos son alarmantes e merecen un debate en profundidade. Por esta razón, o BNG celebrará o vindeiro sábado unha xornada no Parlamento galego para analizar as eivas no sistema xudicial e as medidas a aplicar contra o terrorismo de xénero.
Noa Presas instou á Xunta a rectificar e retirar de inmediato a campaña institucional contra a violencia de xénero. A deputada manifestou o seu rexeitamento a unha campaña que ofende ás mulleres e as cousifica e que insiste en manter estereotipos que inciden negativamente e alimentan a violencia. Por outra parte avanzou que o BNG pedirá explicacións do investimento da campaña da Xunta, baixo o título O máis grande non se maltrata cunha contía de 160 mil euros, o triple que custaron as campañas de 2014, 2015 e 2016, concluíu.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.