Noticias

El PSdeG denuncia la falta de medidas efectivas para prever los efectos de las cenizas de los incendios sobre la producción marisquera

El portavoz del Grupo del PSdeG en temas de marisqueo, Julio Achicharrado, lamentó la falta de medidas efectivas y reales para la prevención de los efectos de las cenizas de la ola de fuegos sobre la producción marisquera. Así lo dijo durante el debate político sobre una pregunta oral sobre la caída de la productividad en las rías gallegas que se celebró en la Comisión de Pesca del Parlamento de Galicia.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O responsable socialista trasladoulle ao goberno galego a “inquedanza” dun sector “xa maltratado pola perda de produción” e que agora “vese sumido da incertidume pola pasividade do goberno galego”. Puntualizou que “máis alá dos anuncios do goberno, os mariscadores non están a ver a intervención do Executivo para protexer o seu medio de vida”.

Lembrou que os socialistas pediron xa na semana pasada a activación do Plan territorial de continxencias por contaminación mariña –Camgal-, que establece as normas e procedementos básicos de actuación, a estrutura de organización e o sistema de resposta fronte a un episodio de contaminación mariña accidental que afecte ao litoral galego.

Torrado denunciou o “desleixo” do goberno galego á hora de levar adiante o saneamento das rías, o que produce unha caída da produtividade, con resultados “nefastos”. Criticou que ante un problema “multicausal” que require dunha actuación integrada en varias frontes, “o PP rexeita tódalas accións que se propoñen, xa sexa rexeneración das rías, dragados, limpeza ou reposición de sementes”.

Sinalou que “unha mente mal pensada podería pensar que o goberno abandona ao marisqueo, incluso afondando na súa decadencia, para forzar a que as confrarías se vexan obrigadas a intentar xestionalo”. Lembra que mentres en 2009 había 6.500 permisos marisqueiros, e a Xunta fixaba como obxectivo chegar aos 8.000, agora mesmo “hai menos de 4.000”.

Criticou as “partidas irrisorias” dispostas nos orzamentos de 2018 para o saneamento e depuración, que “dan unicamente para facer proxectos, pero nada para intervir de verdade”. É o caso da Ría de Arousa, que logo de asumir a maior caída de Permex de Galicia, os orzamentos previstos para saneamento “so dan para facer papeis”.

Tamén criticou que “a produción da ría máis produtiva do mundo está en perigo e vostedes unicamente pagan papeis”, e acusounos de “pretender facer un saneamento en diferido” pero, engadiu, “aquí, ao contrario que nos contratos que fai o PP, non pode haber diferidos”.

R., 2017-10-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES