
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, valoró la disposición del Gobierno Central de aprobar un paquete de ayudas con motivo de la excepcional ola de fuegos que sufrió la Comunidad.
Tras una conversación mantenida con la vicepresidenta del Gobierno, Soraya Saénz de Santamaría, Feijóo avanzó hoy, durante el acto de presentación de la Guía de colores y materiales de Galicia, que estas medidas, que se concretarán en los próximos días, se sumarán a las aprobadas por el Consello da Xunta a semana pasada y se compatibilizarán con la hoja de ruta trazada esta mañana en la comisión postincendios, así como en la reunión que tendrá lugar mañana martes entre la Delegación del Gobierno, la Xunta y las diputaciones.
A lo largo de su intervención, el presidente de la Xunta hizo hincapié en que el Gobierno gallego ya está trabajando de cara a el futuro. Y eso implica dar respuesta a los afectados, a los ciudadanos y a la naturaleza, dijo.
En este sentido, en lo que se refiere a los afectados, incidió en que para que recuperen la normalidad, junto con sus bienes, la Administración autonómica aprobó un Decreto marco de ayudas; y para recuperar el medio, avanzó que ya se está trabajando en un Plan de reforestación de las zonas afectadas.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou a dimisión en bloque da responsable do Medio Rural e do director xeral de Ordenación Forestal da Xunta de Galicia. Así o dixo logo de criticar a xestión dos lumes por parte do goberno galego, centrada en sinalar que todo funcionou correctamente e apuntar ao terrorismo incendiario.
Instou a Feijóo a seguir o camiño marcado polo veciño Portugal, onde vén de dimitir a ministra de Interior, e onde foi convocada dende o primeiro momento unha Comisión técnica dependente do Lexislativo. Reclamou así que a conselleira asuma a súa responsabilidade política, e engadiu que para cambiar a política forestal cumpre remover a quen leva 20 anos de gobernos do PP á fronte de Ordenación Forestal.
Fernández Leiceaga apuntou que cando os responsables públicos non están á altura o que fan é cesar, e reclamou que sexan outros responsables diferentes os que se encarguen de planificar e executar unha ordenación sustentable do monte e afinar nas medidas de prevención.
Reclamou de novo a presenza do presidente da Xunta diante da Cámara autonómica con celeridade, lamentando que queira deixar a súa comparecencia para o Pleno dos días 7 e 8 de novembro, demasiado tempo despois dos lumes e no medio do debate orzamentario. Criticou a estratexia do goberno galego, centrada nunha campaña de comunicación sen demasiada lóxica que pasa por obviar ao Parlamento de Galicia.
O responsable socialista criticou a estratexia do goberno galego, centrada en sinalar en primeiro lugar que todo funcionou de maneira perfecta, o dispositivo estaba plenamente operativo e o 112 non necesitaba máis recursos. Rexeitou este principio porque se isto é así, o presidente da Xunta terá que explicar que vai facer para evitar que isto se repita, e que en circunstancias semellantes, teñan lugar efectos diferentes.
Sinalou que despois nos vamos enterando de que o dispositivo non estaba perfecto, que os operativos de Seaga, que remataran os contratos días antes e foran chamados de novo, non estaban operativos. Ao mesmo tempo, sinala, o alcalde de As Neves asegura que o coordinador de emerxencias non se presentou nunca, e coñecemos empresarios que tiveron que chamar ata 6 veces ao 112 para que os atenderan.
Concluíu que nin o dispositivo estaba tan engraxado, nin era tan perfecto por parte da Xunta, que sen embargo insiste en responsabilizar a un suposto terrorismo incendiario, que suxire a existencia de organizacións e tramas dirixidas a queimar o monte. Neste caso é o propio fiscal delegado de medio ambiente, Álvaro García Ortiz, quen desminte a versión da Xunta, a última vez esta mesma mañá nos medios de comunicación.
O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüísticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxías da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de Artesanía 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornería de madeira, resultou gañador na categoría Produto e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o recoñecemento na categoría Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'Artesanía no Prato'.