
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, lamentou o veto do PP a unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para modificar a Lomce priorizando o ensino público sobre o concertado e devolvéndolle competencias aos claustros de profesores. Os socialistas, explicou, presentaron esta proposta en todo o Estado ante a estratexia do Goberno para dilatar as conversas do Pacto Educativo ata as próximas eleccións.
Pacto educativo si, inmobilismo non, así resumiu Álvarez as demandas do Grupo Socialista fronte á intención do goberno central de desenvolver este pacto sen celeridade nin firmeza. Adiantou que esta proposta sairá adiante no Congreso porque o PP carece de apoios suficientes para impedila e non poderá vetala na Mesa con argucias técnicas como fixo coa transferencia da AP-9 porque non supón modificacións orzamentarias.
O portavoz socialista reclamou a modificación da Lomce para que a programación da rede de centros priorice á rede pública sobre a concertada, acabando coa escusa do PP de que as escolas concertadas eran incluídas a demanda dos pais. Sinalou que o que da cobertura educativa universal é a rede pública, e como tal debe ser priorizada con respecto da concertada.
Ademais, reclamou que os claustros de profesores recuperen moitas das competencias que lles foron retiradas a favor dos directores, volvendo ademais á designación daqueles por unha maioría de representantes da comunidade escolar do centro. Coa Lomce, os directores son seleccionados nunha comisión na que a maior representación lle corresponde á administración, limitando a tan só entre un 30 e un 50 por cento de representantes dos centros.
Estes directores, ademais, ostentaban a autoridade exclusiva de aprobar os proxectos e normas, as programacións anuais, as decisións sobre a admisión de alumnos e sobre os recursos complementarios. Os socialistas reivindican que estas competencias volvan aos claustros e que ademais os directores sexan escollidos nun mínimo de 66 por cento de votos de membros da comunidade escolar.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.