Noticias

Rosa María Calaf alerta de la tendencia de los medios a priorizar el impacto emocional frente a la búsqueda de la reflexión

La periodista Rosa María Calaf advierte del modelo que parece estar marcando la evolución del periodismo en el que cada vez gana más peso la búsqueda del "impacto emocional" y de la inmediatez frente a la reflexión del público, sin sopesar adecuadamente las consecuencias de este tratamiento informativo. Realizó estas declaraciones en la jornada sobre información de casos de sufrimiento humano organizada por el CPXG.

Nota de prensa del Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG):

"Se non sabemos manexar ben o xornalismo, pode convertirse nunha ferramenta de descoñecemento, de linguaxe de odio", advertiu hoxe Rosa Maria Calaf sobre os perigos dunha comunicación non responsábel. A comunicadora catalá participou xunto ao psicólogo José Luis Rodríguez-Arias Palomo nunha mesa redonda na Xornada Información e Sufrimento Humano Informa_Dor, organizada polo CPXG e o COPG na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. No marco da xornada presentáronse tamén as Recomendacións profesionais sobre información e sufrimento humano redactadas polos dous órganos colexiais.

A Xornada Información e Sufrimento Humano Informa_Dor, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), acolleu a presentación das Recomendacións profesionais sobre información e sufrimento humano. O documento será enviado ás redaccións de todos os medios de comunicacións galegos.

A xornada foi inaugurada polo decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Francisco X. González Sarria, quen reclamou "que o sufrimento non sexa nunca para un xornalista ou editor un artigo para a venda de xornais, minutos de televisión ou clicks nun dixital", e a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, María Rosa Álvarez Prada, quen afirmou que as recomendación eran posíbeis "grazas a un longo traballo dun grupo de ambos colexios" e subliñou a importancia de "acadar un consenso no tratamento deste tipo de temas sensíbeis".

A continuación, Belén Regueira Leal e Mónica Vidal Martínez, polo CPXG, e Milagros Martínez García e Lorena Nieto Iglesias, polo COPG, presentaron as recomendacións, realizadas polo grupo de traballo conxunto de ambos os dous colexios, que inclúen recomendacións prácticas e información de interese para a abordaxe de noticias sobre Violencia Contra a Muller, Suicidio, Saúde Mental, Menores e Emerxencias, Catástrofes e Persoas desaparecidas e queren constituír unha chamada de atención sobre as eivas detectadas na elaboración de noticias. Os dous órganos colexiais distribuirán este documento polas redaccións dos distintos medios de comunicación galegos, para favorecer o tratamento informativo de todos estes temas sensíbeis.

NoticiaA xornada contou tamén coa xornalista Rosa María Calaf, premio José Couso de Liberdade de Prensa 2009, e o psicólogo José Luis Rodríguez-Arias Palomo, que participaron na mesa redonda Información e sufrimento humano, moderada por Xabier Macias Virgós, do COPG, e Rocio Lizcano González, do CPXG.. Rodríguez-Arias Palomo salientou o conflicto ético que se presenta entre o compromiso coa verdade e o respecto á intimidade, ou, máis concretamente, entre este compromiso e os seus efectos. Así, destacou que "a intimidade non é só dun, porque as persoas somos seres sociais", de xeito que "cando se conta o sufrimento dunha vítima, está a contarse a de todas". Calaf defendeu a importancia da formación, da reflexións e dos valores das e dos xornalistas para garantir unha información que teña como misión "protexer e axudar ás vítimas". Un obxectivo que nun momento para a profesión extremadamente precarizado e no que se prima "unha sociedade da emoción por riba dunha sociedade de opinión" é necesario loitar para conseguir, mantendo o compromiso persoal de que "no momento no que estás a facer algo que non se debe facer, entón non estás a facer xornalismo".

Os dous ponentes destacaron a utilidade neste sentido das Recomendacións profesionais sobre información e sufrimento humano, encadradas nas necesidades que destacou a comunicadora catalá para informar de maneira responsábel: formación dos xornalistas, coidado exquisito coa linguaxe e necesidade de xornalistas especializados. Rodríguez-Arias Palomo, pola súa banda, mostrouse esperanzado de que o documento "sexa un principio para que ambos os dous colexios continúen a colaborar.

Esta actividade forma parte do traballo conxunto iniciado hai xa case un ano polo CPXG e o COPG. Ambas as dúas institucións unen esforzos nunha iniciativa inspirada polo compromiso social, convencidos de que o compromiso ético das nosas intervencións profesionais é básico, especialmente cando tratamos con feitos ou procesos que colocan os seus e as súas protagonistas en situación de vulnerabilidade.

Fotografía 1: RTVE
Fotografía 2: Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG)

R., 2017-10-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES