
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
O BNG considera positivo que o Congreso dea luz verde á creación dunha comisión de investigación do accidente do Alvia, pero cualifica de vergoña democrática o veto do PP e do PSOE a que sexa investigado polo Parlamento do país onde se produciu a traxedia que custou a vida a 80 persoas.
O BNG non renuncia a esta demanda e avanza que no debate sobre o Estado da nación que se celebra a próxima semana vai presentar unha emenda específica solicitando, unha vez máis, a creación dunha comisión de investigación na Cámara galega, para analizar as causas do sinistro, determinar as medidas necesarias para evitar que se repita un accidente deste tipo e se garanta a seguridade no ferrocarril galego e, ademais, para establecer todas as responsabilidades políticas desta traxedia.
O Bloque lembra o papel decisivo que tivo a súa actuación política ante as autoridades comunitarias, -Comisión Europea e Eurocámara-, acompañando a asociación de vítimas en todo momento, aportando a súa mediación e interlocución en Bruxelas. Neste sentido, o informe emitido polas UE foi clave para avanzar no esclarecemento da verdade e na esixencia de responsabilidades políticas.
Un informe no que o Executivo comunitario demanda unha investigación independente, tras denunciar a parcialidade da realizada por ADIF, Renfe e Ministerio de Fomento, incumprindo a normativa comunitaria en materia de seguridade ferroviaria.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.